sábado 02 abril 2011

NUESTROS CORTOS-SALVAR UN LIBRO,CHAMÁDAME SIMBAD DE FRANCISCO CASTRO,1º ESO

Preto de sesenta nen@s póñense de acordo para salvar un libro en galego ;CHAMÁDEME SIMBAD de Francisco Castro, obra na que un avó e o seu neto se achegan ata mostrar unha complicidade que supera a enfermidade do Alzheimer.
"O avó fai cousas raras. Esquécese de todo. Cámbialle o nome a todo o mundo. Incluso ao seu neto. Que se chama Paulo, pero que para o avó é Simbad o Mariñeiro. As cadeiras son barcos e os piratas rodéanos por todas partes. E hai filibusteiros inimigos alí onde mires. Os adultos, coa súa mirada de adultos, non poden entender nada. Pero Paulo sí que comprende o avó. Porque é un neno con mirada de neno. El é o único que o entende. El é o único que, cando as cousas se poñan feas, vai saber como actuar. Paulo, ou Simbad o Mariñeiro, tanto ten, loitará contra a enfermidade do avó, contra dos adultos e, sobre todo, contra do egoísmo".
Este é o vídeo no que os alumnos de 1º ESO D e C do noso IES len unha parte do relato.
Vede o enlace da  páxina do autor, ten unha mensaxe para vos nen@s
franciscocastro.blogaliza.org


Plasticando na biblioteca

NA EDITORIAL GALAXIA TAMÉN FALAN DO VOSO VIDEO: ENLACE
 VER :SALVANDO CHAMÁDEME SIMBAD CON ILUSTRACIÓNS DOS NEN@S DE 1º DA ESO

1 comentario:

  1. Ola:
    Veño de ver o comentario que puxestes no meu blog arredor deste fermoso proxecto e estou sen palabras. Emocionadísimo.
    Por favor transmítelle aos teus alumnos e alumnas o meu sentir. E dende xa mesmo póñome a vosa disposición para o que consideres necesario.
    Divulgareino como merece pois é unha iniciativa fermosísima.
    Grazas e grazas.

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...