Saltar ao contido principal

PREMIO CREARTE NO IES AS BARXAS


Onte chamaron ao centro do ministerio de cultura, dándonos a fantástica  noticia de que  gañamos o concurso nacional CreArte, co noso proxecto EDUCORTOSA CURTOMETRAXE COMO RECURSO DIDÁCTICO NA AULA DE PLÁSTICA, ver ENLACE

  
E que ademais implicou a outros departamentos:
 E é que o audiovisual fomenta sobre todo a interdisciplinariedade  e o bo rollo.
Cal é a repercusión que vai ter este premio?
1º-O centro recibirá como distintivo a acreditación polo Ministerio de Cultura como "Centro educativo Creativo", espero que iso se teña en conta á hora de axudarnos nun futuro cos recursos necesarios para darlles un ensino de calidade aos nosos alumn@s.
2ª-Un premio en metálico de 24.000 ( non teremos que facer máis vídeos coa miña triste cámara de fotos e poderemos dispor de ordenadores para poder editalos ...en fin...un soño).
PARABÉNS A TOD@S, SEN VÓS NEN@S ESTO NON SERÍA POSIBLE.
Aqui tedes a información da convocatoria .
  1. BOE da convocatoria
  2. PREMIOS CREARTE
Os Premios CREARTE xorden como consecuencia da colaboración entre o Ministerio de Cultura e o Ministerio de Educación, Política Social e Deporte que se formaliza coa firma dun Acordo Marco de Colaboración entre ambas  instancias. As dúas partes coinciden na necesidade de axuntar esforzos para unha mellor labor no fomento da creatividade cultural dos alumn@s. 
    • Promoven a actividade creadora dos alumnos  a través de, medios expresivos como son a música, a literatura, o teatro, a fotografía, as plásticas ou as audiovisuais.
    • Promoven a posta en valor e o estímulo das capacidades creativas e de innovación dos alumnos aplicadas ao proceso de aprendizaxe.
    • Educar no respecto aos dereitos de autor. 
    Agradecer a Paco e a Charo a boa idea de querer enviar este proxecto ao concurso 


      Comentarios

      Publicar un comentario

      Publicacións populares deste blog

      CURSO 2023/24

      Bo inicio de curso a todas e todos Este ano vou ser a profesora de Debuxo artístico, e Debuxo técnico en 1 Bacharelato , xunta ca Educación plástica, visual e audiovisual de 3ESO e 4ESO, e o proxecto competencial de 2 ESO. Aquí queda a páxina web onde vos irei comentando as Tarefas . https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/inicio?authuser=1

      BO INICIO DE CURSO 22/23

        Bo inicio de curso a todas e todos Este ano vou ser a profesora de Debuxo artístico, e Debuxo técnico en 2 Bacharelato , xunta ca Educación plástica, visual e audiovisual de 3ESO e 4ESO, e o proxecto competencial de 3 ESO. Aquí queda a páxina web onde vos irei comentando as Tarefas .   https://sites.google.com/view/plasticabarxas2022-23/debuxo-t%C3%A9cnico-2bach

      Somos finalistas no Rewind Festival

      BOAS NOTICIAS ¡¡ Cabelos de batalla  e Ariadna quere ser Teseo , curtas de 4º ESO,  foron seleccionados como finalistas n o  " festival de curtametraxes internacional de Vilanova do Camí   para ser proxectados no Rewind Festival , das catro curtametraxes finalistas a nivel nacional, duas son obras do noso alumnado do IES As Barxas. Un xurado composto por profesionais da comunicación considera que as curtametraxes dos nen@s das Barxas reúnen a suficient e calidade para competir xunto outros traballos nas categoría de "Jovenes Promesas; Institutos o Directores Amateurs". http://www.rewindfestival.es/programa/curts-competicio-joves-promeses/ CABELOS DE BATALLA from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo . Cabelos de batalla  ,Educar como compromiso coa vida, proxecto : " Superheroes e superheroínas" MELLOR CURTAMETRAXE DE ESCOLA no "FICBUEU 2016"    Un traballo das alumnas e alumnos de  4º ESO de  Educación Plástica do IES As Barxas ,