Saltar ao contido principal

Poida que si que poida.

Un traballo do Audiovisual As Barxas


 Este ano,unha vez máis,os alumnos de cuarto da ESO en plástica quixeron facer unha animación stop motion para o proxecto "somos comenius" do noso centro.
O grupo de cuarto do ano pasado fixo o primeiro vídeo comenius das Barxas, quedando 3º nun concurso a nivel nacional,(ver ENLACE do vídeo do ano pasado), este ano os nen@s de cuarto co seu traballo e esforzo superáronse e fixeron esta fermosa animación,(xulgar vos mesmos).
 Pero o mellor do vídeo comenius deste ano é que ten algo máis, algo moi especial, a MÚSICA,é unha música orixinal, made in Barxas, un RAP máxico, do cal é responsable o noso profesor de música Seso Durán e o seu taller de artistas.
 Por se isto fose pouco , a letra da canción en galego é do poeta Miguel Angel Alonso Diz membro do colectivo A Porta Verde do Sétimo Andar. 
Como di Miguel, meu amigo poeta, AS ESTRELAS ALIÑANSE NO CEO....
MÚSICA- IMAXE -POESÍA, neste video as estrelas simbolizan o FUTURO.
     Ti es o actor do teu futuro, "Acteur de mon avenir".



  • CRÉDITOS DO VIDEO :

Animación realizada polo alumnado de Educación plástica e visual de 4º da ESO do IES As Barxas, Moaña (Pontevedra).
Música orixinal escrita, gravada e producida no Obradoiro Músicasbarxas.
Letra en galego: Poida que si que poida, poema de Miguel Ángel Alonso Diz.
Letra en castelán: Sebe.
Letra en francés: Tradución do Departamento de francés do IES As Barxas.
Mcs por orde de aparición: Sowel, Jenni Cancelas, Seso, Sebe e Katrin Ballesteros.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

CURSO 2023/24

Bo inicio de curso a todas e todos Este ano vou ser a profesora de Debuxo artístico, e Debuxo técnico en 1 Bacharelato , xunta ca Educación plástica, visual e audiovisual de 3ESO e 4ESO, e o proxecto competencial de 2 ESO. Aquí queda a páxina web onde vos irei comentando as Tarefas . https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/inicio?authuser=1

BO INICIO DE CURSO 22/23

  Bo inicio de curso a todas e todos Este ano vou ser a profesora de Debuxo artístico, e Debuxo técnico en 2 Bacharelato , xunta ca Educación plástica, visual e audiovisual de 3ESO e 4ESO, e o proxecto competencial de 3 ESO. Aquí queda a páxina web onde vos irei comentando as Tarefas .   https://sites.google.com/view/plasticabarxas2022-23/debuxo-t%C3%A9cnico-2bach

Somos finalistas no Rewind Festival

BOAS NOTICIAS ¡¡ Cabelos de batalla  e Ariadna quere ser Teseo , curtas de 4º ESO,  foron seleccionados como finalistas n o  " festival de curtametraxes internacional de Vilanova do Camí   para ser proxectados no Rewind Festival , das catro curtametraxes finalistas a nivel nacional, duas son obras do noso alumnado do IES As Barxas. Un xurado composto por profesionais da comunicación considera que as curtametraxes dos nen@s das Barxas reúnen a suficient e calidade para competir xunto outros traballos nas categoría de "Jovenes Promesas; Institutos o Directores Amateurs". http://www.rewindfestival.es/programa/curts-competicio-joves-promeses/ CABELOS DE BATALLA from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo . Cabelos de batalla  ,Educar como compromiso coa vida, proxecto : " Superheroes e superheroínas" MELLOR CURTAMETRAXE DE ESCOLA no "FICBUEU 2016"    Un traballo das alumnas e alumnos de  4º ESO de  Educación Plástica do IES As Barxas ,