Saltar ao contido principal

Simón Vázquez , "Un artista na escola" no IES as Barxas

 Estes días traballamos no proxecto "Un artista na escola", organizado por educaBarrié.
 O noso artista: Simón Vázquez, gañador do prestixioso premio Mestre Mateo"  por "Man Fred, home sen paz"




"PAIXÓN polo que un fai.. facer que o teu traballo non sexa un traballo..", todos poñiamos atención nas palabras de  Simón....

Nos primeiros minutos desta experiencia Simón gañou o cariño, a admiración e a emoción dos meus alumnos/ás ao escoitalo.


Simón non só foi moi xeneroso compartindo coñecementos, recursos propios e máis tempo do previsto connosco, ofreceuse mesmo a realizar un seguimento da actividade xa posta en marcha na aula.

Os alumnos de 3º ESO carecían nun principio de coñecementos previos en canto a linguaxe audiovisual, pero o entusiasmo e o interese espertado polo noso artista durante estes dous días,converteunos  en; directores, actores, guionistas, cámaras, produtores, axudantes de dirección e editores por uns días.
 

Resultou moi gratificante ver o entusiasmo  dos alumno@s ao traballar en equipo. Ver que son eles os que reparten as tarefas e teñen un infinito coidado coa posición da cámara, o decorado, a iluminación, ou a maquillaxe , aprenderon que todos os membros son necesarios e imprescindibles nun equipo de rodaxe, un traballo que esixe o compromiso de todo o grupo por un proxecto común; "Planificar e rodar unha curtametraxe dun minuto nunhas poucas horas", case una proeza.






















 O entusiasmo dos alumnos, a súa motivación e o seu esforzo, son evidentes nesta experiencia, cando a aprendizaxe é o resultado dunha ACCIÓN, o alumno/a nunca esquece o que aprende.

A visita de Simón consolidou a afección dos alumnos do IES ás Barxas polo audiovisual, esta actividade foi moi motivadora, gratificante, e sobre todo moi divertida,  porque APRENDER TEN QUE SER DIVERTIDO.

                GRAZAS SIMÓN¡

Comentarios

Publicacións populares deste blog

CURSO 2023/24

Bo inicio de curso a todas e todos Este ano vou ser a profesora de Debuxo artístico, e Debuxo técnico en 1 Bacharelato , xunta ca Educación plástica, visual e audiovisual de 3ESO e 4ESO, e o proxecto competencial de 2 ESO. Aquí queda a páxina web onde vos irei comentando as Tarefas . https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/inicio?authuser=1

Somos finalistas no Rewind Festival

BOAS NOTICIAS ¡¡ Cabelos de batalla  e Ariadna quere ser Teseo , curtas de 4º ESO,  foron seleccionados como finalistas n o  " festival de curtametraxes internacional de Vilanova do Camí   para ser proxectados no Rewind Festival , das catro curtametraxes finalistas a nivel nacional, duas son obras do noso alumnado do IES As Barxas. Un xurado composto por profesionais da comunicación considera que as curtametraxes dos nen@s das Barxas reúnen a suficient e calidade para competir xunto outros traballos nas categoría de "Jovenes Promesas; Institutos o Directores Amateurs". http://www.rewindfestival.es/programa/curts-competicio-joves-promeses/ CABELOS DE BATALLA from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo . Cabelos de batalla  ,Educar como compromiso coa vida, proxecto : " Superheroes e superheroínas" MELLOR CURTAMETRAXE DE ESCOLA no "FICBUEU 2016"    Un traballo das alumnas e alumnos de  4º ESO de  Educación Plástica do IES As Barxas ,

BO INICIO DE CURSO 22/23

  Bo inicio de curso a todas e todos Este ano vou ser a profesora de Debuxo artístico, e Debuxo técnico en 2 Bacharelato , xunta ca Educación plástica, visual e audiovisual de 3ESO e 4ESO, e o proxecto competencial de 3 ESO. Aquí queda a páxina web onde vos irei comentando as Tarefas .   https://sites.google.com/view/plasticabarxas2022-23/debuxo-t%C3%A9cnico-2bach