Xa estamos no VI Festival Audiovisual, e estades todos convidados este 8 de xuño ás 6 da tarde no salón de actos do IES as Barxas.
Este proxecto naceu dunha forma espontánea, ante o interese do meu alumnado polo audiovisual, nunca imaxinei que iamos continuar 6 anos máis.
Nel participan , compañeiros , compañeiras ,nais, pais ,irmás e irmáns, alumnos e alumnas doutros cursos, a asociación DOA de Cangas , músicos como Jorge Vidal Igrexas e "A Ziega ", escritores como Isabel e Miguel o Psicólogo Isaac Figueroa Piñeiro ,o Gabinete Olga, Ana Fernández Juncal e a enfermeira Rosa Diaz Beloso (espero non esquecer a ninguén) , mil grazas a todos pola vosa colaboración e axuda.
Como novidade teremos catro animacións , dúas delas realizadas coa laboriosa técnica da rotoscopia ,debuxando un a un os frames en papel vexetal .
En total son once proxectos audiovisuais , todos eles tocados cun mesmo tema "SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS"
Pero que entendemos nós por superheroínas ou superheroes ?
Cito un fragmento do guión da "muller Lamprea ", escrito un ano máis pola compañeira Iria .
“Os heroes e heroínas non sempre forman parte de lendas. Constrúense cada día."
"Todos podemos ser heroes e heroínas". E os meus alumn@s sono , eles teñen auténticos Superpoderes , despois dun longo trimestre por fin poderemos ver os seus súper traballos .
1 A MULLER LAMPREA VI:" ARIADNA quere ser TESEO".Un guión de Iria Collazo
A nosa heroína sae a loitar co Minotauro cada día
2 "Cabelos de batalla"
A nosa heroína sae a loitar co Minotauro cada día
2 "Cabelos de batalla"
Un poema de Miguel Angel e a animación do alumnado de 4º ESO loitan nunha batalla moi dura , a do cancro
3 "BETA "
O debut na diabete contado con moito humor por Isabel.
4 "IRIS "
A esquizofrenia irrompe na vida de Iris ,ela terá que adaptarse á súa nova vida co espírito dunha auténtica super Heroína.
5 "Corazón de Superhéroe"
3 "BETA "
O debut na diabete contado con moito humor por Isabel.
4 "IRIS "
A esquizofrenia irrompe na vida de Iris ,ela terá que adaptarse á súa nova vida co espírito dunha auténtica super Heroína.
5 "Corazón de Superhéroe"
Un corazón que regala vida.
6 "Cicatrices"
Unha curta sobre os malos tratos
7 "MICROMACHISMOS COTIDIANOS"
NON permitir os micromachismos é a base de todo , non á violencia invisible.
8 LINGUA QUE TRABA -
Unha curta con guión de Brais, baseado en feitos "case" reais
9 "latexos"
Animación de 3º Eso que parte dun poema de Miguel Alonso Díz , dedicado as mulleres do mar en Galicia , as nosas superheroínas, as mariscadoras.
10 "Píntame de Rosa "
10 "Píntame de Rosa "
Animación de 1"BACH de Xabi e Alex , que parte dun marabilloso poema de Isabel Blanco
11 "NO AL MALTRATO"
11 "NO AL MALTRATO"
Unha animación feita ca técnica da rotoscopia por 3º ESO A e B, que ilustra a necesaria música da artista asturiana " LA ZIEGA “
Dende a etapa de produción á posproducción incluída a etapa de difundir e compartir as curtas entran dentro do traballo realizado polo alumnado.
"Non crecemos cando as cousas son fáciles, facémolo cando afrontamos novos desafíos"
- VER ENLACE : AUDIOVISUAL AS BARXAS
- VER CURTAS : http://educortos.blogspot.com.es/2016/06/vi-festival-audiovisual-as-barxas.html
Así se hace. Eres una máquina! Espero ir y verte allí para darte un abrazo!
ResponderEliminarAsí se hace. Eres una máquina! Espero ir y verte allí para darte un abrazo!
ResponderEliminarDesde el IES CASTILLO DE LUNA de Rota (Cádiz) un besazo y mi reconocimiento por tu gran trabajo.
ResponderEliminarNos vemos pronto
mil gracias compañero ¡¡
Eliminar