Saltar ao contido principal

VI FESTIVAL AUDIOVISUAL AS BARXAS 8/06/2016

Xa estamos no VI Festival Audiovisual, e  estades  todos convidados  este 8  de xuño ás 6 da tarde no salón de actos do IES as Barxas.

Este proxecto naceu dunha forma espontánea, ante o interese do meu alumnado polo audiovisual, nunca imaxinei que iamos continuar 6 anos máis.
Nel participan , compañeiros , compañeiras ,nais, pais ,irmás e irmáns, alumnos e alumnas doutros cursos, a asociación DOA de Cangas , músicos como Jorge Vidal Igrexas e "A  Ziega ", escritores como Isabel e Miguel o Psicólogo Isaac Figueroa Piñeiro ,Gabinete Olga, Ana Fernández Juncal e a enfermeira Rosa Diaz Beloso (espero non esquecer a ninguén) , mil grazas a todos pola vosa colaboración e axuda.




Como novidade teremos catro animacións , dúas delas realizadas coa laboriosa técnica da rotoscopia ,debuxando un a un os frames en papel vexetal .
En total son once proxectos audiovisuais , todos eles tocados cun mesmo tema "SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS" 
Pero que entendemos nós por  superheroínas ou superheroes  ? 
Cito  un fragmento do guión da "muller Lamprea ", escrito un ano máis pola compañeira Iria . 
“Os heroes e heroínas non sempre forman parte de lendas. Constrúense cada día."
"Todos podemos ser heroes e heroínas". E os meus alumn@s sono , eles teñen auténticos Superpoderes , despois dun longo trimestre por fin poderemos ver os seus súper traballos .


 1 A MULLER  LAMPREA VI:" ARIADNA quere ser TESEO".Un guión de Iria Collazo 
A  nosa heroína sae a loitar co Minotauro  cada día 

2 "Cabelos de batalla" 
 Un poema de Miguel Angel e a animación do alumnado de 4º ESO loitan nunha batalla moi dura , a do cancro  

3 "BETA "
O debut na  diabete contado con moito humor por Isabel.

4 "IRIS "

 A esquizofrenia irrompe na vida de Iris ,ela terá que adaptarse á súa nova vida co espírito dunha auténtica  super Heroína.

5 "Corazón de Superhéroe"
Un corazón que regala vida.

6 "Cicatrices" 
Unha curta  sobre os malos tratos

7 "MICROMACHISMOS COTIDIANOS"  
NON permitir os micromachismos é a base de todo , non á violencia invisible.

8 LINGUA QUE TRABA -
Unha curta con guión de Brais,  baseado en feitos  "case" reais

9 "latexos
Animación de 3º Eso que parte dun   poema  de Miguel Alonso Díz , dedicado as  mulleres do mar en Galicia , as nosas superheroínas, as mariscadoras.

 10 "Píntame de Rosa " 
 Animación de 1"BACH de Xabi e Alex , que parte dun marabilloso  poema  de Isabel Blanco

11 "NO AL MALTRATO" 
Unha animación feita ca técnica da rotoscopia por 3º ESO A e B, que ilustra a necesaria música da artista asturiana " LA ZIEGA “ 


Dende a etapa de produción á posproducción incluída a etapa de difundir e compartir as curtas entran dentro do traballo realizado polo alumnado.






















"Non crecemos cando as cousas son fáciles, facémolo cando afrontamos novos desafíos"

















Comentarios

Publicacións populares deste blog

CURSO 2023/24

Bo inicio de curso a todas e todos Este ano vou ser a profesora de Debuxo artístico, e Debuxo técnico en 1 Bacharelato , xunta ca Educación plástica, visual e audiovisual de 3ESO e 4ESO, e o proxecto competencial de 2 ESO. Aquí queda a páxina web onde vos irei comentando as Tarefas . https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/inicio?authuser=1

BO INICIO DE CURSO 22/23

  Bo inicio de curso a todas e todos Este ano vou ser a profesora de Debuxo artístico, e Debuxo técnico en 2 Bacharelato , xunta ca Educación plástica, visual e audiovisual de 3ESO e 4ESO, e o proxecto competencial de 3 ESO. Aquí queda a páxina web onde vos irei comentando as Tarefas .   https://sites.google.com/view/plasticabarxas2022-23/debuxo-t%C3%A9cnico-2bach

Somos finalistas no Rewind Festival

BOAS NOTICIAS ¡¡ Cabelos de batalla  e Ariadna quere ser Teseo , curtas de 4º ESO,  foron seleccionados como finalistas n o  " festival de curtametraxes internacional de Vilanova do Camí   para ser proxectados no Rewind Festival , das catro curtametraxes finalistas a nivel nacional, duas son obras do noso alumnado do IES As Barxas. Un xurado composto por profesionais da comunicación considera que as curtametraxes dos nen@s das Barxas reúnen a suficient e calidade para competir xunto outros traballos nas categoría de "Jovenes Promesas; Institutos o Directores Amateurs". http://www.rewindfestival.es/programa/curts-competicio-joves-promeses/ CABELOS DE BATALLA from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo . Cabelos de batalla  ,Educar como compromiso coa vida, proxecto : " Superheroes e superheroínas" MELLOR CURTAMETRAXE DE ESCOLA no "FICBUEU 2016"    Un traballo das alumnas e alumnos de  4º ESO de  Educación Plástica do IES As Barxas ,