Onte chamaron ao centro do ministerio de cultura, dándonos a fantástica noticia de que gañamos o concurso nacional CreArte, co noso proxecto EDUCORTOS: A CURTOMETRAXE COMO RECURSO DIDÁCTICO NA AULA DE PLÁSTICA, ver ENLACE
E que ademais implicou a outros departamentos:
E que ademais implicou a outros departamentos:
- Lingua castelá e galega: co traballo do equipo de biblioteca no proxecto "salvar un libro en galego" con Francisco Castro, ou cas letras dun Rap sendo actores do noso futuro.
- Lingua Galega coa elaboración de guións orixinais de contos salvadores da nosa lingua e transformándonos a tod@s en MULLERES LAMPREA
- Economía na creación de anuncios e catálogos para vender os fantásticos produtos made in "as Barxas emprende" ...
E é que o audiovisual fomenta sobre todo a interdisciplinariedade e o bo rollo.
Cal é a repercusión que vai ter este premio?
Cal é a repercusión que vai ter este premio?
1º-O centro recibirá como distintivo a acreditación polo Ministerio de Cultura como "Centro educativo Creativo", espero que iso se teña en conta á hora de axudarnos nun futuro cos recursos necesarios para darlles un ensino de calidade aos nosos alumn@s.
2ª-Un premio en metálico de 24.000 ( non teremos que facer máis vídeos coa miña triste cámara de fotos e poderemos dispor de ordenadores para poder editalos ...en fin...un soño).
PARABÉNS A TOD@S, SEN VÓS NEN@S ESTO NON SERÍA POSIBLE.
Aqui tedes a información da convocatoria .
Os Premios CREARTE xorden como consecuencia da colaboración entre o Ministerio de Cultura e o Ministerio de Educación, Política Social e Deporte que se formaliza coa firma dun Acordo Marco de Colaboración entre ambas instancias. As dúas partes coinciden na necesidade de axuntar esforzos para unha mellor labor no fomento da creatividade cultural dos alumn@s. - Promoven a actividade creadora dos alumnos a través de, medios expresivos como son a música, a literatura, o teatro, a fotografía, as plásticas ou as audiovisuais.
- Promoven a posta en valor e o estímulo das capacidades creativas e de innovación dos alumnos aplicadas ao proceso de aprendizaxe.
- Educar no respecto aos dereitos de autor.
Agradecer a Paco e a Charo a boa idea de querer enviar este proxecto ao concurso
Moitísimos parabéns máis ca merecidos. Moitos temos que aprender seguindo o voso ronsel
ResponderEliminargrazas ;))
ResponderEliminar