Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2011

JOSEBA o recurso AUDIOVISUAL e a ARTE SOLIDARIA

  Joseba García Plazuelo  coñecido por moitos de vós polo seu blog "   bacharelato de artes " do IES Mª Soliño" de Cangas do Morrazo. No MORRAZO hai moit@ artist@ , iso é unha verdade  cientifica e demostrable , moitos dos nos@s alumn@s son músic@s ,raper@s, pintan, fan teatro...son CREATIVOS ...é algo natural neles como o respirar ou camiñar , e iso unido a un excelente profesor que une o seu traballo ca súa paixón "a arte", só pode dar moi  bos froitos. "É todo un pracer para os sentidos explorar os seus blogs, e pintor, profesor de artes, amante da fotografía, creador de montaxes audiovisuais, explorador de novas formas de ensinar na Escola do siglo XXI" . Asi  comenza o artigo de  Francisco Muñoz de la Peña publicado na páxina do ITE (MINISTERIO DE EDUCACIÓN) Boas Prácticas 2.0. Ligazón ao artigo  A parte diste recoñecemento polo seu traballo e os numerosos premios recibidos polos seus curtos realizados en talleres extraescolares  e

Soñar cun cambio global, stop motion-3º ESO B, Uxia e Iria

"Soñar cun cambio global " así  se chama este  precioso stop motion de  Iria Soto e  Uxia Veleiro de  3 º da ESO B, para educación plástica . Moi bo traballo nenas ;)) .....

PoetizARTE

A  Interdisciplinariedade  é necesaria. PoetizARTE,  é o novo proxecto froito da mestura de Normalización lingüística que nace e se desenvolve grazas a forza e ou entusiasmo de Iria Collazo (sempre implicada e creativa na súa tarefa dinamizadora) e educación plástica , este vídeo está realizado para a Biblioteca do noso centro que este ano rende homenaxe ao celebre poeta do mar BERNADINO GRAÑA nacido en Cangas do Morrazo en 1932. O poema de Bernardino Graña está interpretado por Gael Villar un alumno do noso ies as Barxas , de 2º de Bacharelato , alumno sempre disposto a colaborar con proxectos audiovisuais porque para  el o  ser creativo é unha necesidade ...como ten que ser cando se ten madeira de artista Sen sombra e sen amor Bernardino Graña [Escolma] Que non o saiba o vento namorado (Nos días do desastre do petroleiro Prestige) QUE NON 0 SAIBA 0 VENTO namorado que vai agarimando, unha a unha, as praias. Non é siroco, ningún vento seco o que nos ceifa a vi

O ARTE É VIDA , A VIDA É ARTE -videoarte

Pintando a felicidade , esto é unha experiencia plástica de 2º de Bach en debuxo artístico , recollida como unha acción artística , pintar polo puro pracer de pintar , sen ataduras nin imposicións , sen pensar en se me mancho , sen pensar en buscar o parecido , sentindo a pintura con liberdade e confianza.  Non tratamos de pintar vida, tratamos de facer viva a pintura. Da pintura de obxectos á pintura como obxecto. Hoxe seguimos a Joseph Beuys e temos tod@s o rostro cuberto de mel. VER ENTRADA: EDUDEBUXO

25 anos en Europa

Vídeo stop motion de 1980 fotos realizado por catro alumnas de 3º da ESO A ; Lucia , Salay, Micaela e Nuria do noso IES as Barxas , con motivo do concurso : España, 25 anos en Europa Espero que teñan moita sorte, é un traballo libre e voluntario para plástica froito do entusiasmo e a motivación polo audiovisual.

A miña semana COMENIUS

 Este é o vídeo documental onde Noe axudada de David "o Cámara " cóntanos a súa experiencia comenius no noso IES .¡Toda unha aventura¡¡chea de actividades , excursións ,festivais e intercambios culturais, formas de falar e de ser diferentes,ao final desta experiencia Noe confesa sentir unha gran pena pola marcha dos seus ,XA AMIG@S COMENIUS.  Unha experiencia que ela nunca  esquecerá.