Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2016

VI FESTIVAL AUDIOVISUAL AS BARXAS, Superheroes e superheroínas

Este ano o noso proxecto audiovisual enfócase nos superheroes e nas superheroínas. Pero que son para nós os superheroes? Cito un fragmento do guión da " A muller Lamprea ", escrito un ano máis pola compañeira e escritora Iria Collazo. "Os heroes e heroínas non sempre forman parte de lendas. Constrúense cada día. Todos podemos ser heroes e heroínas" ​  Os nosos superheroes   estan á fronte de batallas moi duras , esta é a nosa homenaxe a todos eles,  tratando   temas como: o bulling ,a transexualidade ,a saúde mental, o cancro, ou os malos tratos .  No proxecto colaboraron  profesores , profesoras  , pais ,nais ,irmás e irmáns, alumnos e alumnas doutros cursos, a asociación DOA de Cangas , músicos como Jorge Vidal e a  música asturiana "A Ziega ", escritores como Isabel Blanco e Miguel Ángel Alonso Diz, o Psicólogo Isaac Figueroa Piñeiro ,o Gabinete Olga, Ana Fernández  e a enfermeira especialista en saude mental Rosa Diaz Beloso. Aquí qu

Premio ZAMBURRIOI

Este fin  de semana foron os premios OLLOBOI ¡¡ E no  IES as Barxas estamos FELICES, este ano conseguimos o premio ZAMBURRIOI, concedido  a traxectoria audiovisual do noso centro educativo, e a participación dá nosa  comunidade educativa.  O certo é que entre música e educación plástica este ano enviamos 27 vídeos, deixo aquí a ligazón: https://2016.olloboi.com/school/show/36018999 Moitos parabéns ás miñas alumnas/os e aos de música polo voso entusiasmo e traballo. https://2016.olloboi.com/premios Olloboi  é unha referencia para o audiovisual escolar Galego, trá tase dunha iniciativa que parte de profesores de educación secundaría, aos que lles estamos moi agradecidos dada a falta de concursos  neste ámbito en Galicia . Grazas polo voso traballo desinteresado , e por motivarnos cada ano ao convidarnos a participar ¡ NOTICIA FARO DE VIGO : ENLACE VER  LIGAZÓN  https://www.youtube.com/user/eduplastica1