Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2012

O II FESTIVAL DO AUDIOVISUAL AS BARXAS E " AS HISTORIAS DUN CUARTO DE BAÑO"

Este CURSO 2011-12 en plástica rodamos “historias dun cuarto de baño” , seis historias conectadas polo escenario dun cuarto de baño. O guión, a dirección e a montaxe son obra dos meus alumn@s de plástica, unha creación Barxas 100%. 4ºESO , CURSO 2011-12- OS CREADORES DE "HISTORIAS DUN CUARTO DE BAÑO" VER AS NOSAS HISTORIAS EN PINTEREST            E para aqueles que non puidestes vir ao festival (mala data por ser época de exames)deixámosvos 5 dos 6 curtos e o vídeo da cerimonia , todo un éxito .       O salón de actos das Barxas  completo, o público moi xeneroso cos alumn@s, non escatimou en aplausos .       Estreamos : A muller lamprea 1º ESO O Agasallo 1º BACH E 4ºESO coordinado polo profe de música Seso Durán  E estas Historias  que forman o mosaico da peli " historias dun cuarto de baño" de 4º ESO , case unha longametraxe de 75 minutos de duración, deixovós o enlace que vai a PINTEREST   para que as podades ver. ENTRADAS RELACIO

II Aventura da Muller Lamprea

1º da ESO (Grupo A) do IES as Barxas explícannos a súa experiencia stop motion ca MULLER LAMPREA  Claudia resume a súa experiencia cun: - "A plástica é MAXIA"-   nunca escoite nada tan fermoso da miña materia e resume perfectamente que é para eles esta experiencia e que os fai traballar máis do habitual. O stop motión pódese aplicar ao papel con ilustracións ou cartolinas de cores, plastilina, obxectos, persoas, mesturalo con anacos de vídeo ... pódese adaptar a 1º, 3º ou 4º da ESO e trabállase como un proxecto...... VER ENLACE  É sobre todo este traballo é interdisciplinar, en plástica coordinámonos con música e con lingua galega.   Seso Durán , é profe de música e o responsable das voces en off da animación.  Iria Collazo  a profe de galego é a creadora deste fermoso conto, o próximo curso seguro que ten outra nova aventura para darlle ritmo co stop motion , podedes contar con iso futuros alumn@s de 1º ESO.

Que é para ti a felicidade ?

Que é para ti a felicidade?, é un traballo de narrativa dixital dos alumnos de 3º ESO B, a partir dun anaco da canción " muíños de vento de Mago de Oz.    "Bebe, canta, soña  Sente que o vento  foi feito para ti  Vive, escoita e fala  Usando para iso o corazón"  Esta é a fonte de  inspiración para construir o seu relato stop motion, o vento e o molinillo son elementos comúns nos vídeos.  Tarefa difícil explicar como conseguir atrapar a prezada felicidade.

HISTORIAS DUN CUARTO DE BAÑO

TRAILER DE "HISTORIAS DUN CUARTO DE BAÑO" Este 20 de xu ñ o á s 6 da tarde estades todos invitados ao festival audiovisual do IES as Barxas ,no que poderemos ver curtos realizados polos alumn@s de pl á stica e m ú sica. Este 3º trimestre en pl á stica pasamos moitas tardes rodando a nosa peli “historias dun cuarto de ba ñ o” , a s seis historias est á n conectadas polo escenario dun cuarto de ba ñ o , cada unha delas toca distintos x é neros cinematogr á ficos.  O  gui ó n, a direcci ó n e a montaxe son   obra dos alumn@s de pl ástica , un traballo  moi completo , que vai desde o estudo do lenguaxe audiovisual, ao guión técnico, os ángulos da cámara, a rodaxe e a edición dun curto, fomenta o traballo en equipo, o bo rolo e o interdisciplinar. Como recurso, destacar a colaboraci ó n do director de cine Xan Leira que nos dedicou moitas horas de clases para ensinarnos a escribir un gui ó n cinematogr á fico. DESTACAR e AGRADECER a implicaci ó n d

"Tecendo a miña historia" , relatos dixitais, 3º ESO

Tecendo a miña historia, é un exercicio proposto aos meus alumn@s de 3º ESO de autoreflexión e toma de conciencia de si mesmos a partir da experiencia da súa propia vida, co relato deixan a súa pegada na rede , un recordo para eles e os seus compañeiros que perdurará no tempo.. No glogster vemos unha selección dos mellores  relatos dixitais .

Mención especial polo traballo de creación audiovisual no IES as Barxas. Moaña, Pontevedra

Hoxe recibimos no noso centro un lote de libros , un premio concedido polo concurso de curtos " notecortes" certame de curtametraxes  celebrado en Salamanca, cidade á que lle teño un agarimo especial, nela pasei cinco anos da miña vida , estudando o que máis me gusta " Pintura", e que emoción ver que os cines Van Dyck colaboran neste proxecto( cantas tardes pasei vendo os seus estupendos ciclos de cine sobre pintores).  Durante os días 6 e 7 de xuño ás 18h proxectaranse os curtos presentados nas súas salas , que pena non poder estar alí , en fín, un pedacito do IES as Barxas estará eses días en Salamanca. GRAZAS por este recoñecemento . http://www.concursonotecortes.es/ " Mención especial por el trabajo de creación audiovisual en la escuela IES As Barxas. Moaña, Pontevedra Ganadores de un lote de libros Todos estos datos y otras informaciones sobre el certamen pueden consultarse en su  web . Los vídeos, por su parte, están todos disponibles en el  ca