Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2011

Os nosos TUTORIAIS , STOP MOTION CON MOVIE MAKER

Rubén Pose alumno de 1º ESO A , do noso IES as Barxas realizou este tutorial para compartir cos seus compañeiros outra forma de realizar un video STOP MOTION.      RECORDADE :  As fotos non deben ter moito peso   A cámara debe estar queda ,preferiblemente nun trípode para evitar ese desagradable movemento que inqueda tanto ao espectador  Importante darlle moi pouco tempo a cada unha das imaxes para conseguir o desexado efecto de movemento.  Ánimo  nen@s con esta técnica poderedes dar renda solta á vosa imaxinación ..todo é posible co stop motión¡¡¡

LINGUAGALEGA TV

No IES as BARXAS estamos colaborando coa canle de TV linguagalega TV desde o equipo de normalización lingüística , (coordinado pola nosa compañeira Iria Collazo ) e desde a plástica , porque sen dúbida unha das vantaxes do recurso audiovisual no aula é a DIFUSIÓN e  pensamos aproveitala para promocionar a nosa lingua con toda a  CREATIVIDADE que teñen os nosos nen@s de Moaña . O outro día estrearon a nosa queridísima MULLER LAMPREA , na canle 5"o vídeo no aula " Aproveito este blog para difundir esta canle de TV que enriquece ,informa e abre a mente . QUE É LINGUAGALEGA.TV?  É un espazo creado por Acuarela Comunicación sll, para a divulgación e promoción da lingua galega. O marco legal, histórico e emotivo desta iniciativa susténtase na Lei de Normalización Lingüística de Galicia (1983), en cuxo preámbulo se di: “ A lingua é a maior e máis orixinal creación colectiva dos galegos, é a verdadeira forza espiritual que lle dá unidade interna á nosa comunidade.

PREMIO CREARTE NO IES AS BARXAS

Onte chamaron ao centro do ministerio de cultura , dándonos a fantástica  noticia de que  gañamos o concurso nacional CreArte , co noso  proxecto EDUCORTOS :  A CURTOMETRAXE COMO RECURSO DIDÁCTICO NA AULA DE PLÁSTICA, ver ENLACE    E que ademais implicou a outros departamentos: Lingua castelá e galega : co traballo do  equipo de biblioteca no proxecto " salvar un libro en  galego " con Francisco Castro , ou cas letras dun Rap   sendo actores do noso futuro . L ingua Galega coa elaboración de guións orixinais de contos salvadores da nosa lingua e transformándonos a tod@s en MULLERES LAMPREA   E conomía na creación de anuncios e catálogos para vender os  fantásticos produtos made in " as Barxas emprende " ...  E é que o audiovisual fomenta sobre todo a interdisciplinariedade  e o bo rollo. Cal é a repercusión que vai ter este premio? 1º-O centro recibirá como distintivo a acreditación polo Ministerio de Cultura como " Centro educativo Cr

Gael e Adri ,CLOCK-CLOCK

A paixón polo audiovisual calou tan fondo nas Barxas que Gael e Adri (2º BACH), dunha forma totalmente espontánea preséntanvos este fermoso video stop motion  CLOCK -CLOCK