Saltar ao contido principal

LINGUAGALEGA TV





No IES as BARXAS estamos colaborando coa canle de TV linguagalega TV desde o equipo de normalización lingüística , (coordinado pola nosa compañeira Iria Collazo ) e desde a plástica, porque sen dúbida unha das vantaxes do recurso audiovisual no aula é a DIFUSIÓN e  pensamos aproveitala para promocionar a nosa lingua con toda a CREATIVIDADE que teñen os nosos nen@s de Moaña .

O outro día estrearon a nosa queridísima MULLER LAMPREA, na canle 5"o vídeo no aula"
Aproveito este blog para difundir esta canle de TV que enriquece ,informa e abre a mente .

QUE É LINGUAGALEGA.TV?

 É un espazo creado por Acuarela Comunicación sll, para a divulgación e promoción da lingua galega. O marco legal, histórico e emotivo desta iniciativa susténtase na Lei de Normalización Lingüística de Galicia (1983), en cuxo preámbulo se di: “A lingua é a maior e máis orixinal creación colectiva dos galegos, é a verdadeira forza espiritual que lle dá unidade interna á nosa comunidade. Únenos co pasado do noso pobo, porque del a recibimos como patrimonio vivo, e uniranos co seu futuro, porque a recibirá de nós como legado da identidade común”. O artigo 1 establece: “O galego é a lingua propia de Galicia. Todos os galegos teñen o dereito de coñecelo e de usalo”.


   Obxectivos:
  • Producir contidos televisivos que promovan o uso e o coñecemento da lingua e cultura galego
  • Elaborar unha programación que reflicta as diversas accións de promoción da lingua galega que se desenvolven dende as administracións públicas: Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia; universidades, deputacións, concellos. Prestarase, ademais, un especial interese ao ámbito da emigración e á participación dos colectivos cidadáns comprometidos coa lingua galega: os SNL das diversas institucións, editoriais, produtoras de cine e TV, compañías de teatro, movemento asociativo, etc.
                     http://www.linguagalega.tv 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

CURSO 2026/27

🎨✨  Benvidas e benvidos ao novo curso !  ✨🎨 Aquí atoparedes a nosa pequena ventá creativa: a páxina web onde irei compartindo co vós as  tarefas, actividades e novidades  ao longo do ano. Este espazo será o noso caderno colectivo: un lugar para  experimentar, aprender, probar, equivocarse e volver intentar. Bo inicio de curso a todas e todos, e que a creatividade nos acompañe! https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/inici o

"Cabelos de batalla" Mellor curtametraxe de escola no FICBUEU 2016

A nosa curta animada  ' Cabelos de batalla'  que trata sobre a dura loita contra o cancro infantil,  realizada polos  alumnos e alumnas de 4ºESO:  Nerea Rosales,  Manuel Escudeiro, Daniel Blanco, Lucía Freire, Diego Costa e  Iria Portela      en  Educación Plástica  e Visual  para o proxecto SUPERHEROES &SUPERHEROÍNAS ,  con poema do escritor  Miguel Ángel Alonso Diz  e voz de  Inés Padín  , acaba  de recibir  o   premio    a "mellor curtametraxe de escola  " do  prestixioso festival FICBUEU 2016.  No IES as Barxas non podemos estar máis  felices, grazas. Manuel Escudeiro,  Nerea Rosales ,  Iria Portela,  Lucía Freire,  Daniel Blanco e  Diego Costa . NO FARO  http://ocio.farodevigo.es/cine/noticias/nws-530149-el-fic-bueu-clausura-su-novena-edicion-mas-4000-espectadores.html BOTÓNS DE AULA ...

Somos GAÑADORES nos Premios á Innovación Educativa de SIMO Educación 2016

 O proxecto audiovisual que realizamos  o ano pasado en Educación Plástica no IES as Barxas, e que implicou a gran parte da comunidade educativa,  acaba de recibir un premio  nacional.  Somos gañadores nos Premios á Innovación Educativa de SIMO Educación 2016,  na modalidade: MELLORES EXPERIENCIAS TIC, categoría: Mellor Proxecto TIC Audiovisual . Podes atopar o proxecto nesta páxina  http://luzbelos.wixsite.com/-superheroes Premio  Innovación Educativa de SIMO Educación 2016 Recollendo o Premio en SIMO FOTO  @centro.juanmaria Ligazóns sobre o proxecto    EDUCACIÓN 3.0  http://www.educaciontrespuntocero.com/convocatorias/ganadores-la-iv-edicion-los-premios-simo-educacion/39874.html INNOVACIÓN EDUCATIVA FUNDACIÓN TELEFÓNICA  https://innovacioneducativa.fundaciontelefonica.com/blog/2016/10/17/superheroes-y-superheroinas-alumnado-comunicando-concienciando-y-emocionando/ ...