Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta CORTO ANIMACIÓN

BULLIYNG SELECCIÓN OFICIAL DE CURTAMETRAXES no Terceiro Festival de Curtas para a Educación na Diversidade

A curta Bulliyng   das alumnas e alumnos de animación de 1º BACH do IES   As Barxas  é SELECCIÓN OFICIAL DE CURTAMETRAXES no Terceiro Festival de Curtas para a Educación na Diversidade, organizado pola Universidade Tecnolóxica Nacional / Facultade Rexional Avellaneda , co apoio da Rede de Escolas Asociadas á UNESCO e o patrocinio da Comisión Nacional Arxentina de Cooperación coa UNESCO. PROXECTARASE o 13 de Setembro entre as 9:30 hs e as 13 hs ver  http://www.festival.idenf.fra.utn.edu.ar/cortometrajes/jovenes B U L L Y I N G from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo . FINALISTA no certame INTERNACIONAL VIDEOMINUTO 1º BACH OBRADOIRO DE ANIMACIÓN -IES AS BARXAS Guión Isabel Cascante Garcia Ilustración e Animación : Isabel Cascante Garcia Maria Puente Couso Alba Rodríguez Ríos Nerea Lareu de Castro Rubén Chapela Pereira Julieta Insagaray Artigas Lucia Parcero Martínez Marío Santomé Rodríguez MOAÑA https://animacioneducacionplasti...

MURAIS que CONTAN , " Lenda da Paralaia"

Lenda da Paralaia from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo . EDNL e Departamento de educación plástica do IES As Barxas Murales e animación 1º Bacharelato de DEBUXO ARTÍSTICO Voces alumnado da ESO do EDLN Obradoiro plásticasbarxas EDLN Lingua que traba Proxecto profesores: Brais Pérez e Luz Beloso Horror Music de Audionautix está sujeta a una licencia de Creative Commons Attribution (https://creativecommons.org/licenses/by/4.0/) Artista: http://audionautix.com/ LENDA DA PARALAIA (Recollida de Eugenio Freire Pérez. 44 anos. Colexio de Reíbón, 1986, e tirada do blogue Lendas de Moaña)

PREMIO OLLOBOI ANIMADO

Estes días case non teño tempo para actualizar o blog, estamos en obras, preparándoo todo para o noso festival audiovisual que como  dende fai xa cinco anos vimos celebrando  no  IES  ás  Barxas , pero esta noticia ben merece unha entrada,  un recoñecemento que nos dá novas forzas para seguir traballando con ilusión e entusiasmo , acabamos de gañar o  OLLOBOI  ANIMACIÓN por este  video  realizado polos alumnos de 2º de BACHARELATO de debuxo artístico. Prabéns nenos¡¡, e mil grazas á organización polo traballo realizado ,  como sempre excepcional. Olloboi un festival audiovisual escolar que é un referente en Galicia. http://leliadoura.com.es/olloboi/ganadores.php A xustiza pola man - Rosalía de Castro from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo .

DEBUXO ARTÍSTICO AS BARXAS , AUL@NIMADA

Novos traballos dos meus alumnos de debuxo artístico das  Barxas FRIDA from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo . dibujo artístico IES as Barxas Paisaje from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo . Vídeo-creación de Maria Piñeiro, realizada en debuxo artístico , IES as BARXAS Profesor coordinador Luz Beloso Soamente sobresaía o seu sombreiro, nadaba sobre o seu sangue, soltando o seu sexto suspiro, sumíase suplicando o seu socorro Non deixes que a pobreza se transforme en parte da paisaxe video educación, formación. http://animacioneducacionplastica.blogspot.com.es/2014/11/frida.html http://animacioneducacionplastica.blogspot.com.es/2014/11/paisaxe.html

Animando a Vincent van Gogh

Animando a Vincent van Gogh Obradoiro plástica as Barxas Interpretación das miñas alumnas de Debuxo artístico. VER máis Animando a Vincent van Gogh from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo . Animando a Vincent van Gogh Obradoiro plástica as Barxas IES as Barxas ,interpretación das alumnas de Debuxo artístico http://framebyframe.hol.es

1º PREMIO EDUCABARRIÉ á animación "Penélope"

1º PREMIO EDUCABARRIÉ á animación Penélope EducaBarrié acaba de concedernos o primeiro premio polo audiovisual Penélope , animación realizada na sua maior parte por Paula Solla durante moitos recreos no OBRADOIRO DE PLÁSTICA , obradoiro que funciona desde fai xa 6 anos , grazas á demanda dos alumn@s do IES as Barxas e motivado  pola falta de horas na nosa asignatura, vendo isto eu prefiro dedicarlle o meu tempo ao entusiasmo dos meus alumn@s e as súas ganas de aprender que a tomarme un café, quizais eses 30 minutos xunten aos artistas, arquitectos, diseñadores, decoradores, ilustradores, animadores, enxeñeiros, cineastas, creadores en definitiva do futuro, imposible negarse, isto ten moita máis forza para min . Agradezo a EducaBarrié o recoñecemento ao noso traballo e esforzo , pero sobre todo agradezo aos meus alumn@s a súa paixón pola educación plástica e visual , unha asignatura que co tempo e as reformas varias vai perdendo horas lectivas.  GRAZAS EDUCABARRIÉ ¡ P...

Gañadores de dous premios no prestixioso festival audiovisual OLLOBOI 2014

Somos gañadores de dous premios no prestixioso festival audiovisual OLLOBOI 2014   http://olloboi.com Un festival orientado ó ámbito escolar e aberto a producións non profesionais , un proxecto altruísta e comprometido , grazas ao seu marabilloso traballo os meus alumn@s disfrutaron, ilusionaron e motivaron e a profe cargouse de enerxía para traballar con máis forza que nunca,  GRAZAS¡ Os premios recibidos son : MELLOR OLLOBOI ESCOLAR por ALICIA ,  proxecto interdisciplinar dos departamentos de educación plástica e música , baseado nun guión escrito por Iria Collazo e realizado o ano pasado polos meus alumn@s de educación plástica de 4º ESO e os alumn@s de 1º Bach de música,  no que se implicaron moitos profesor@s do IES as Barxas demostrando todos un gran talento na interpretación.   Traballamos distintas técnicas de animación, 2D , stop motion,     efectos especias,un proxecto dirixido, rodado e editado...

AMOR de PLASTILINA

"Temos a idade das nosas emocións ", esta é a frase que aparece ao final deste pequeno curto de animación, realizado en plastilina por uns alumnos que acoden todos os recreos ao taller de plástica.  O curto atópase dentro do proxecto engurras comezado no curso pasado. Nos creemos firmemente que a engurra é bela e seguiremos  reflexionando e traballando sobre a vellez este curso e os que veñan .  Deixamos o enlace aos outros dous curtos : http://educortos.blogspot.com.es/2013/06/engurras.html Amor de plastilina from Edu Plástica on Vimeo . "Obradoiro de plástica as Barxas" Un corto stop motion de : Noemi Costas Sebastián Pérez Sira Martínez Claudia Fernández Gabriel y Elena

STOP MOTION LIGHT

Logo de ver este video  http://www.youtube.com/watch?v=RAe30VG5CI4  realizado coa técnica do stop motion light, pregúntome, como o fixeron?, parece máxia o que fan estes mozos , pero non o é. Trátase dunha chea de fotografías, de secuencias  de debuxos feitas con luz , un debuxo no aire co teu linterna,  p os a cámara en modo manual, o tempo de exposición déixalo o máximo posible , 15 ou 30 segundos e o resto é a túa  creatividade. Isto é o que conseguimos polo momento . 1º ESO BACH DEBUXO ARTÍSTICO  VER ENLACE http://debu-xarte.blogspot.com.es/2013/12/debuxando-con-luz.html

Premiados polo certamen de curtametraxes xuvenil "no te cortes"

Esta   mañá chegoume un correo cunha estupenda noticia, o certamen de curtametraxes x uvenil "no te cortes" premiou dous  traballos que fixemos o curso pasado: Mellor Calidade Artística Tempo de Samain  : http://educortos.blogspot.com.es/search/label/TEMPO%20DE%20SAMAÍN Mención á Mellor Actriz  Ariadna Ortíz por Afastados http://educortos.blogspot.com.es/2013/06/afastados-un-proxecto-interdisciplinar.html Coincidindo coa semana do Día da Infancia, a Fundación Germán Sánchez Ruipérez e a Fundación VOCES para a Conciencia e o Desenvolvemento, co apoio da Organización de Estados Iberoamericanos para a Educación, a Ciencia e a Cultura, presentan o palmarés da VII Edición do Certamen de Curtometraxes Xuvenil ¡Non te cortes!, a entrega de premios terá lugar o vindeiro luns 18 de novembro da man do actor Eloy Azorín no Auditorio da Fundación Germán Sánchez Ruipérez-Casa do Lector a partir das 18:00h Trátase dunha iniciativa que constitúe un...

ENGURRAS

Esta 3º Avaliación educación plástica coordinada con BiblioBernardino traballou no proxecto "engurras", tivemos desde un taller de cómic á visita de Anxo da cruz. Logo de todas estás experiencias puxémonos a facer unhas animacións tomando como referencia todo o aprendido e as reflexións obtidas logo de ler o cómic. Esta animación está realizada polos alumn@s de 1º BACH de debuxo artístico do IES as Barxas para o proxecto engurras O relato é do xenial escritor e poeta Miguel Ángel Alonso Diz.  A voz en off é da nosa querida profe de galego Matilde.  VER OS DEBUXOS NO  ENLACE Animación sobre o comic ENGURRAS de Paco Roca -3º ESO

PREMIO¡¡"DOA ÓRGANOS ,AGASALLA VIDA"

Melania Alves Fervenza, alumna miña de debuxo artístico, II premio    no III Concurso de curtametraxes para escolares relacionado coa doazón e os transplantes, convocado pola     Consellería de Sanidade. Melania fixo esta fermosa animación con plástilina :) VER ENLACE NOTICIA Na entrega de premios do III Concurso de Curtometraxes para escolares relacionado coa doazón e os trasplantes na Consellería de Sanidade Enlace a noticia de Elena Mondelo

"LAMPREÍZATE" NO IES AS BARXAS

Esta 2º avaliación os alumn@s de educación plástica de 1º ESO deron vida a unha nova aventura da muller lamprea , unha super heroina nacida no IES as Barxas.  Iria Collazo é a nosa profe de galego, autora dos contos  que despois nós intentamos animar na nosa aula, unha actividade interdisciplinar "galego-plástica" que naceu no 2010 . Lampreizate no IES as Barxas¡ Para ver as outras aventuras ir ao   ENLACE MULLER LAMPREA III from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo .

Cantares Galegos- Rosalía de Castro , VIDEO-POEMAS

Non che teño medo Animación do poema de Rosalia "Non che teño medo moucho" Iniciativa Tic , onde traballaremos con programas de animación 2d ,retoque fotográfico , son, edición de video. Previo Story do poema e traballo de ilustración do mesmo .  Realizada polos alumn@s do OBRADOIRO DE EDUCACIÓN PLÁSTICA  :VER ENLACE Airiños ,airiños aires
 Trátase da creación dun video- poema , tomando como referencia o video-arte como forma de expresión artística , inspirándonos na idea de "Cadáver exquisito"( creación mediante a cal se ensamblan colectivamente un conxunto de palabras ou imaxes).
 Traballaremos con programas de edición de video, son e retoque fotográfico.  A actividade é  interdisciplinar , educación plástica + departamento de filosofía (Brais) .

Animando "BIBLIOBERNARDINO "

A partir desta  FERMOSURA " The joy of books" (2011)   VER ENLACE , unha  obra de arte realizada por  Sean Ohlenkamp e Lisa Blonder , o  meu compañeiro de educación plástica máis eu animámonos  cunha versión stop motion da nosa BiblioBernadino. O video  esta completado con animaciones 2d , realizado polos nos@s artistas das Barxas. *A  animación é unha profesión con moitísimo futuro e  os profesores de educación plástica temos moito que aportar , para descubrir, ensinar e fomar novos talentos, recordarvos que para animar temos que debuxar, debuxar...story board, anatomía, perspectiva, movemento..

Felicitación de Nadal BiblioBernardino

Este trimestre o grupo de  artistas  que acode todos os recreos ao obradoiro que temos  no aula de plástica, creou esta felicitación de Nadal para a nosa biblioBernadino, unha biblioteca que creceu connosco e que pouco a pouco converteuse nun dos lugares máis acolledores e visitados do noso  IES as Barxas .     BiblioBernardino   nunca descansa, nin o seu trasgo , un trasgo que cobra vida nos debuxos dos meus alumn@s, e percorre os corredores do centro ata converterse nunha árbore do Nadal , esta animación foi debuxada sobre papel vexetal , sobre un ipad e un encerado . Unha mestura que espero gústevos,  BO NADAL a tod@s BO NADAL II

ANIMACIÓN 2D CON PENCIL, COMO SE FIXO TEMPO DE SAMAÍN

Nesta actividade os nen@s tiñan que animar unha liña e transformala nun ser máxico dos que habitan os bosques en  Samaín, para iste traballo utilizaron PENCIL e ANIMATION DESK, unha aplicación do Ipad.  Pencil é un programa de descarga libre , quizais por iso é o meu preferido , os alumn@s tiveron algún problema o exportar a animación en arquivo de video "MOVIE" (recordar que, a vosa animación pode ser exportada  como unha secuencia de imaxes,  arquivo de vídeo mov ou como arquivo swf) o problema está xerado debido a que o tamaño das imaxes non se corresponde co dunha película, aconséllovos usar imaxes cun tamaño igual ao vídeo a exportar, por exemplo 720x480.                         FONTES E ENLACES DE INTERESE SOBRE PENCIL Manual básico PENCIL en PDF: ENLACE Animación con PENCIL no blog:  http://pencileando.blogspot.com.es/2008/08/manual-bsico-de-pencil_18.html Más infor...

II Aventura da Muller Lamprea

1º da ESO (Grupo A) do IES as Barxas explícannos a súa experiencia stop motion ca MULLER LAMPREA  Claudia resume a súa experiencia cun: - "A plástica é MAXIA"-   nunca escoite nada tan fermoso da miña materia e resume perfectamente que é para eles esta experiencia e que os fai traballar máis do habitual. O stop motión pódese aplicar ao papel con ilustracións ou cartolinas de cores, plastilina, obxectos, persoas, mesturalo con anacos de vídeo ... pódese adaptar a 1º, 3º ou 4º da ESO e trabállase como un proxecto...... VER ENLACE  É sobre todo este traballo é interdisciplinar, en plástica coordinámonos con música e con lingua galega.   Seso Durán , é profe de música e o responsable das voces en off da animación.  Iria Collazo  a profe de galego é a creadora deste fermoso conto, o próximo curso seguro que ten outra nova aventura para darlle ritmo co stop motion , podedes contar con iso futuros alumn@s de 1º ESO.