Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2013

Creación dun proxecto audiovisual

Nunha primeira fase do proxecto "creación dunha productora audiovisual para o IES as Barxas" empezaremos co estudo da linguaxe cinematográfica, planos, ángulos, encadre... Antes de realizar o noso proxecto debemos ser conscientes das nosas limitacións, un gran número de alumn@s que queremos coordinar , pouco tempo apenas dúas horas á semana, tanto en TIE como en educación plástica , necesitaremos usar o enxeño e aproveitar ao máximo os recursos que temos .  Os escenarios son limitados nun instituto, por iso queremos un croma, para viaxar a outros mundos como di Juan ,e xa é hora de crear un informativo novo, fresco e divertido, unha mirada vosa  ao mundo que vos rodea, noticias de dentro e de fóra do instituto.  Neste video participaron alumn@s de TIE ,de plástica, e o incondicional grupo de alumn@s que acode todos os recreos ao aula de plástica e que saben que esta sempre será a súa aula , un espazo para dar vida e forma aos seus sonos.  QUE NECESITAMOS? Videocámaras

AS BARXAS EMPRENDE,PRODUCTORA AUDIOVISUAL

Este ano os alumn@s de educación plástica van traballar de novo no proxecto AS BARXAS EMPRENDE na creación dunha productora audiovisual na fase de producción coa realización de vídeos no canal  BARXAS TV, que levaremos a cabo conxuntamente con  TIE durante este curso 2012-13 .  C remos nun ensino creativo xerador de novas ideas e estou completamente convencida de que a educación plástica  é moi produtiva , levamos xa tres anos traballando interdisciplinarmente con economía neste proxecto con diferentes actividades , creación de xoias , deseño de camisetas. ver ENLACE. Este ano pensamos que crear un informativo desde o punto de vista dos propios alumn@s empezando cos seus propios recursos , cámaras de video ,fotos, móviles,  sería un proxecto moi motivador. A sorpresa chegou estos días ¡ F umos un dos 9 ganadores do I convocatoria de proxectos escolares de educaBarrié¡ GRAZAS A VOS¡ AGORA CONTAREMOS CON MÁIS MEDIOS A resolución está publicada e n http://www.educabarrie.org/pro