sábado, 19 de xaneiro de 2013

AS BARXAS EMPRENDE,PRODUCTORA AUDIOVISUAL

Este ano os alumn@s de educación plástica van traballar de novo no proxecto AS BARXAS EMPRENDE na creación dunha productora audiovisual na fase de producción coa realización de vídeos no canal  BARXAS TV, que levaremos a cabo conxuntamente con  TIE durante este curso 2012-13 .
 Cremos nun ensino creativo xerador de novas ideas e estou completamente convencida de que a educación plástica  é moi produtiva , levamos xa tres anos traballando interdisciplinarmente con economía neste proxecto con diferentes actividades , creación de xoias , deseño de camisetas. ver ENLACE.
Este ano pensamos que crear un informativo desde o punto de vista dos propios alumn@s empezando cos seus propios recursos , cámaras de video ,fotos, móviles,  sería un proxecto moi motivador.
A sorpresa chegou estos días ¡Fumos un dos 9 ganadores do I convocatoria de proxectos escolares de educaBarrié¡
GRAZAS A VOS¡ AGORA CONTAREMOS CON MÁIS MEDIOS
EducaBarrié resaltou que AS BARXAS EMPRENDE é unha interesante e innovadora proposta didáctica interdisciplinar que combina dous aspectos relevantes para fomentar a creatividade ás novas xeracións: a educación artística e o emprendimiento. A comisión de avaliación valorou positivamente a innovación didáctica, a metodoloxía de traballo e a replicabilidade da nosa iniciativa.

  • Que imos facer en EDUCACIÓN PLÁSTICA?

  1. Coñecer todo o proceso dun proxecto audiovisual, desde  os story boards debuxados a man ou con programas en liña, á realización (uso de cámaras , video) , edición (retoque fotográfico como phothoshop ou gimp, de edición de video..) e posterior difusión en REDE (blog , conta you tube ,vimeo, Facebook..)
  2. Desenvolver destrezas onde é necesaria unha competencia na comunicación audiovisual, analizar e reflexionar sobre as mensaxes audiovisuales , coñecer os seus códigos e ser capaces de utilizalos para comunicarnos.
  3. Manexar os equipos de rexistro visual, cámaras de fotografía, vídeo, os programas de edición (movie maker, pinacle, imovie ).Manexo tamén da manipulación da imaxe digital. Con todos estes coñecementos previos serán capaces de expresarse, de plasmar aquilo que senten ou queiran transmitir sen ningún impedimento.
Trátase de que os alumnos póidanse equivocar , que aprendan do erro , queremos que se expresen con liberdade, sen medos, que gañen confianza en si mesmos,que sexan creativos, emprendedores, e co recurso audiovisual isto é moi posible.





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...