Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta V FESTIVAL AUDIOVISUAL AS BARXAS

CARANGUEXO FILMS - proxecto audiovisual as BARXAS

O proxecto audiovisual as BARXAS ao  que os meus alumn@s bautizaron este curso co nome de  " Caranguexo   films" ,  ten xa a súa propia páxina web, onde poderemos ver as oito curtametraxes deste ano  incluído "O fantasma do maltrato", unha das curtas realizadas no proxecto "un artista na escola", con  Simón Vázquez  e que estreamos no festival .   http://luzbelos.wix.com/caranguexo-films A WEB tamén conta c o blog ou diario de bitácoras d@s alumn@s e as súas impresións do rodaxe, o  video  do festival, un  making   of  e fotos da experiencia. http://luzbelos.wix.com/caranguexo-films#!curtas/cfvg http://luzbelos.wix.com/caranguexo-films#!PRENSA/c1pbu/3

V FESTIVAL AUDIOVISUAL AS BARXAS

Como dende hai cinco anos o  IES  ÁS  BARXAS  PROXECTA o SEU FESTIVAL AUDIOVISUAL , un festival que nace do traballo e o esforzo dos alumn@s de Educación Plástica , onde contaron co apoio  de pais ,chegando a ser estes actores dirixidos polos seus propios fillos, contaron coa colaboración de profesores, compañeiros, tendas do pobo, do Creativo  Rialdarca  e o centro de saúde de  Moaña . O proxecto desenvólvese durante o segundo trimestre, necesita de moitas horas de traballo extra fora de horas de clase, este nace coa escritura dun guión, onde os alumn@s aprenden  cal  é a súa estrutura, teñen en conta todos os detalles necesarios para traballar no momento de filmar, así como un guión gráfico onde ilustrarán cada escena, aprenden a usar as cámaras, programas de edición, de retoque fotográfico, ou de animación  2D , incluído a difusión en REDE (blog, conta  you   tube  ,vimeo,  Facebook ..) Os alumn@s desenvolv...