Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2013

STOP MOTION LIGHT

Logo de ver este video  http://www.youtube.com/watch?v=RAe30VG5CI4  realizado coa técnica do stop motion light, pregúntome, como o fixeron?, parece máxia o que fan estes mozos , pero non o é. Trátase dunha chea de fotografías, de secuencias  de debuxos feitas con luz , un debuxo no aire co teu linterna,  p os a cámara en modo manual, o tempo de exposición déixalo o máximo posible , 15 ou 30 segundos e o resto é a túa  creatividade. Isto é o que conseguimos polo momento . 1º ESO BACH DEBUXO ARTÍSTICO  VER ENLACE http://debu-xarte.blogspot.com.es/2013/12/debuxando-con-luz.html

ARTE E EDUCACIÓN

O día 6 tiven o pracer de ser invitada ao curso de ARTE E EDUCACIÓN no CGAC de Santiago , deixo aquí a presentación do meu relatorio, non me deu tempo a terminalo malia que nos deixaron unha hora.   Pódese ver fundamentalmente como utilizo o recurso da animación na educación plástica.  O mellor do relatorio; a forza e a enerxía positiva dos meus compañeir@s,  de todos aqueles que creen na arte e na educación. http://cursoarteducacion.wordpress.com Facer click na imaxe para ver o prezi

O proxecto BARXAS TV , 3º premio nacional GSD INNOVA

Fai uns días comunicáronnos que o proxecto realizado no curso pasado e no que seguiremos traballando a miña compañeira de economía máis eu este curso, foi premiado pola fundación GSD innova. Agradecemos este recoñecemento ao noso traballo, sobre todo tendo en conta que son malos tempos para a educación plástica e a economía. Déixovos uns enlaces co proxecto e un video resumo do traballado  . Agradacer tamén a educaBarrié o seu apoio neste proxecto, apostando  sempre POR UNHA EDUCACIÓN , INNOVADORA , CREATIVA E CON CORAZÓN ACTA-PREMIO: http://www.gsdinnova.com/wp-content/uploads/2013/12/Acta_Fallo_Jurado_I_Premio_INNE.pdf http://www.gsdinnova.com/?page_id=422 http://productorabarxas.blogspot.com.es http://www.educabarrie.org/blogs/educa/compartindo-alegrias-en-educabarrie http://www.educabarrie.org/proyectos/barxas-emprende-productora-audiovisual-proyecto-seleccionado-en-la-convocatoria-de-proyect http://educortos.blogspot.com.es/search/label/PRODUCTORA%20AUDIOVISUAL

Animando o teu ESCRITORIO

Exercicios de stop motion  realizados no  teu propio escritorio.   Os dous vídeos conteñen pedaciños de animacións realizados polos alumn@s de 1º ESO .  O 1º problema xorde cando queremos programas de animación, teremos que ofrecerlle ao alumnado distintas opcións de software libre tanto para tableta, pc ou dispositivo móbil.  No obradoiro gratuito de stop motion da red social  cero en conduta, podes atopar enlaces a distinto software e recursos para realizar as túas propias animacións stop motion , VER ENLACE. Ou seguir o seu PINTEREST    EXEMPLOS DE ANIMACIÓNS: ENLACE VER ENTRADAS : http://educortos.blogspot.com.es/2013/02/ritmo-de-stop-motion.html http://educortos.blogspot.com.es/2011/10/os-nosos-tutoriais-stop-motion-con.html http://educortos.blogspot.com.es/2011/01/stop-motion-tutorial-imovie-11.html

CREANDO XEOMETRÍA ANIMADA CON MIRAI MIZUE

Este artista xaponés pertence á nova corrente de animación independente afastada das animación s en serie "anime", as súas animacións son realizadas a man e van dirixidas a un público adulto .  Nós inspirámonos nas súa  obra e na súa forma de traballar (ver enlace)  . Debuxamos a man cada frame sobre papel vexetal, estes serán escaneados ou fotografados para despois ser editados co imovie, logo de probar distinto software de animación quédome con este editor de video para todo, sérvenos para editar os trociños de animación e despois para montalo todo xunto coa música que  prefiras .