O día 6 tiven o pracer de ser invitada ao curso de ARTE E EDUCACIÓN no CGAC de Santiago , deixo aquí a presentación do meu relatorio, non me deu tempo a terminalo malia que nos deixaron unha hora.
Pódese ver fundamentalmente como utilizo o recurso da animación na educación plástica. O mellor do relatorio; a forza e a enerxía positiva dos meus compañeir@s, de todos aqueles que creen na arte e na educación. |
🎨✨ Benvidas e benvidos ao novo curso de Plástica! ✨🎨 Aquí atoparedes a nosa pequena ventá creativa: a páxina web onde irei compartindo co vós as tarefas, actividades e novidades ao longo do ano. Este espazo será o noso caderno colectivo: un lugar para experimentar, aprender, probar, equivocarse e volver intentar. Bo inicio de curso a todas e todos, e que a creatividade nos acompañe! https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/inici o
Comentarios
Publicar un comentario