Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2017

Somos finalistas no Rewind Festival

BOAS NOTICIAS ¡¡ Cabelos de batalla  e Ariadna quere ser Teseo , curtas de 4º ESO,  foron seleccionados como finalistas n o  " festival de curtametraxes internacional de Vilanova do Camí   para ser proxectados no Rewind Festival , das catro curtametraxes finalistas a nivel nacional, duas son obras do noso alumnado do IES As Barxas. Un xurado composto por profesionais da comunicación considera que as curtametraxes dos nen@s das Barxas reúnen a suficient e calidade para competir xunto outros traballos nas categoría de "Jovenes Promesas; Institutos o Directores Amateurs". http://www.rewindfestival.es/programa/curts-competicio-joves-promeses/ CABELOS DE BATALLA from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo . Cabelos de batalla  ,Educar como compromiso coa vida, proxecto : " Superheroes e superheroínas" MELLOR CURTAMETRAXE DE ESCOLA no "FICBUEU 2016"    Un traballo das alumnas e alumnos de  4º ESO de  Educación Plástica do IES As Barxas ,

Hangout co CEIP de Canosa, PROXECTO AUDIOVISUAL

Este luns 13  tivemos a honra de establecer VÍDEO conexión co C.E.I.P. de Canosa  en Coristanco-Coruña. Neste encontro  os nosos alumnos e alumnas falaron sobre a súa   experiencia no  mundo audiovisual  cos nenos de 1º - 3º - 5º - 6º de Educación Primaria e  5º de Educación Infantil que fixeron  preguntas moi interesantes, aínda que tivemos algún problema co son conseguimos realizar a conexión con éxito.   Unha experiencia moi enriquecedora para todos.  Esta  iniciativa realizouse  grazas a unha proposta de Diego López,  e parte do  marabilloso proxecto de biblioteca  "De espectadores a protagonistas"que se está desenvolvendo no seu centro.   VER  vídeo no seu BLOGUE  : http://bibliocanosa.blogspot.com.es/2017/02/aprendemos-con-luz-beloso-e-o-seu.html#more

B U L L Y I N G

Aquí queda a primeira curta deste ano de 1º BACH de "ANIMACIÓN" , unha nova materia na que estamos a desenvolver  diferentes técnicas e proxectos . Este  traballo é unha  metáfora sobre o illamento que produce o Bullying,  a  indiferenza fainos complices . Con guión de Isabel Cascante , debuxos de Maria , Alba, Rubén , Nerea ..... B U L L Y I N G from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo .

PREMIO para o PROXECTO SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS

O noso proxecto "superheroes e superheroinas"   http://luzbelos.wixsite.com/-superheroes  PREMIADO pola fundación GSD Innova ¡¡ http://www.gsdinnova.com/?page_id=877   https://youtu.be/VzjUmYiJi6w PRIMERA MENCIÓN HONORÍFICA: “CARANGUEXO FILMS”: “SUPERHÉROES Y SUPERHEROÍNAS” CENTRO: IES AS BARXAS, (MOAÑA, PONTEVEDRA) O xurado destaca neste proxecto o desenvolvemento das capacidades persoais e profesionais do alumnado a través da creación audiovisual en todas as etapas e abordando temas de gran calado social como son a transexualidad, a violencia de xénero, as enfermidades mentais,  traducíndose en vídeos de gran calidade e impacto. Esta é a PRESENTACIÓN do PROXECTO SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS , que imos levar mañá a Madrid os  do IES as Barxas, na entrega de premios   GSD Innova  http://www.farodevigo.es/galicia/2016/12/14/mencion-honor-instituto-moana/1588342.html