Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Mención especial creación audiovisual

Premio ZAMBURRIOI

Este fin  de semana foron os premios OLLOBOI ¡¡ E no  IES as Barxas estamos FELICES, este ano conseguimos o premio ZAMBURRIOI, concedido  a traxectoria audiovisual do noso centro educativo, e a participación dá nosa  comunidade educativa.  O certo é que entre música e educación plástica este ano enviamos 27 vídeos, deixo aquí a ligazón: https://2016.olloboi.com/school/show/36018999 Moitos parabéns ás miñas alumnas/os e aos de música polo voso entusiasmo e traballo. https://2016.olloboi.com/premios Olloboi  é unha referencia para o audiovisual escolar Galego, trá tase dunha iniciativa que parte de profesores de educación secundaría, aos que lles estamos moi agradecidos dada a falta de concursos  neste ámbito en Galicia . Grazas polo voso traballo desinteresado , e por motivarnos cada ano ao convidarnos a participar ¡ NOTICIA FARO DE VIGO : ENLACE VER  LIGAZÓN  https://www.youtube.com/user/eduplastica1...

Mención especial pola creación audiovisual no OUFF ESCOLA

Onte puidemos gozar dos curtos proxectados no prestixioso festival de cine  INTERNACIONAL DE OURENSE  OUFF   ESCOLA , dende aquí quero agradecerlles o recoñecemento ao noso traballo no IES as Barxas coa  mención especial á calidade audiovisual dos nosos proxectos.  Déixovos unhas fotos do paso polo festival.

Mención especial polo traballo de creación audiovisual no IES as Barxas. Moaña, Pontevedra

Hoxe recibimos no noso centro un lote de libros , un premio concedido polo concurso de curtos " notecortes" certame de curtametraxes  celebrado en Salamanca, cidade á que lle teño un agarimo especial, nela pasei cinco anos da miña vida , estudando o que máis me gusta " Pintura", e que emoción ver que os cines Van Dyck colaboran neste proxecto( cantas tardes pasei vendo os seus estupendos ciclos de cine sobre pintores).  Durante os días 6 e 7 de xuño ás 18h proxectaranse os curtos presentados nas súas salas , que pena non poder estar alí , en fín, un pedacito do IES as Barxas estará eses días en Salamanca. GRAZAS por este recoñecemento . http://www.concursonotecortes.es/ " Mención especial por el trabajo de creación audiovisual en la escuela IES As Barxas. Moaña, Pontevedra Ganadores de un lote de libros Todos estos datos y otras informaciones sobre el certamen pueden consultarse en su  web . Los vídeos, por su parte, están todos disponibles en el  ca...