Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta FESTIVAL AUDIOVISUAL DO IES AS BARXAS

PERSOA e TRÁNSito

O exalumno Hugo Ferreiro González visitou a comezo de curso a aula de plástica para compartir e aprender. Grazas a el puxemos a mirada na realidade TRANS e sentimos a necesidade de visibilizar, compartir, e educar para educarnos, traballando na diversidade para a igualdade e loitando sempre polo dereito a SER Este ano o festival audiovisual  "Caranguexo Films" vai ser diferente, estrearanse os proxectos paralelamente no salón de actos para o noso alumnado do IES  as  Barxas, e para todo aquel que queira velo  online nas ligazóns de  you tube que deixo  aquí.  https://www.youtube.com/playlist?list=PLHSljiEP5S0jay4m26P2qr03ZhkRXwpnT Para un dos proxectos "TRÁNSito "  contamos ca Música orixinal do Conservatorio  Superior de Música de Vigo "Persoa" , é unha curta baseado nas propias experiencias de Hugo Ferreiro , reinterpretado polo alumnado de 4 ESO. ALUMNADO de PLÁSTICA as BARXAS de 4º ESO C Guión : ...

VIII FESTIVAL AS BARXAS "Somos a nosa memoria"

Desde hai 8 anos, en Educación Plástica no IES as BARXAS traballamos creando distintos produtos audiovisuais que viran sempre ao redor dun tema. A motivación deste ano é "A MEMORIA”; trátase de guións realizados partindo dos recordos e a memoria dos nosos avós e avoas de Moaña. A memoria conéctanos cas vivencias da alma, cos cimentos do noso día a día. Este evento é unha homenaxe a todas e todos eles. A nosa produtora audiovisual ( Caranguexo Films), na que xa parti cipa toda a comunidade educativa, culmina cun festival audiovisual no que se estrean este ano 12 curtas e animacións, producidas, gravadas e editadas polo alumnado. Como novidade contaremos de agora en diante cunha nova sección,  # somosVioleta  que consiste en “3 curtametraxes que loitan contra as violencias Machistas". Todos os traballos desta sección están realizados, gravados e editados exclusivamente co móbil . As curtas que se van proxectar son: "FORTEM "  Algúns actos de ...

Banco de sons

Banco de sons con máis de 50 tracks creados polo alumnado de 4º ESO de Educación Plástica para utilizalos no seu proxecto audiovisual , a creación de recursos libres de dereitos forma parte do proceso creativo na elaboración das suas curtas.

NAUFRAXIO

Xa empezamos a rodar o noso proxecto audiovisual  en 4º ESO , non sen antes preparalo todo.  Aquí quédavos a elaboración dun trípode para móbiles  realizado para as panorámicas e os travelings  da nosa rodaxe , agora os movementos de cámara serán moito máis controlados. Antes de empezar con esta aventura tivemos que inventar un pouco, fixemos unha especie de trípodes móbiles.  O primeiro é unha especie de cadrado feito con tubos, sobresaen 3: un en vertical para o micrófono, e dous en horizontal para a Go-Prol e outro para o móbil onde ves a imaxe que se reproduce na Go-Prol. O segundo consta de dous tubos xuntos e encima destes vai unha base que se despraza, aí iría a cámara, Go-Prol ou móbil. Yago ,Alba, Luisni, Adri e Andrés de 4ºESO Educación Plástica Visual e Audiovisual Aquí deixamos a ligazón ao noso diario de RODAXE  NAUFRAXIO  https://caranguexofilms.blogspot.com.es/search/label/Naufragio   

"CINEMA E ARTE "

 Con máis de 6 anos de continuidade o AUDIOVISUAL as Barxas     enfoca este novo curso o  proxecto audiovisual   á ARTE  . "CINEMA E ARTE "  en 4º da ESO . Nunha primeira fase do proxecto empezaremos co estudo da linguaxe cinematográfica, planos, ángulos, encadre... Antes de realizar o noso proxecto debemos ser conscientes das nosas limitacións,  30  alumn@s , tres horas á semana,  necesitaremos usar o enxeño e aproveitar ao máximo os recursos que temos , son moitos alumnos e alumnas , e pouco tempo.  Rodar a golpe de timbre , non é doado.  QUE NECESITAMOS? Videocámaras Trípodes, m oi necesarios para unha maior calidade na composición dos planos. Micrófono Exterior , Direccional Alargo para conexión á rede  Tarxetas SD Focos  Ordenador Persoal   Tamén necesitaremos software para a edición de vídeo, efectos visuales, retoque fotográfico, un editor de son   Neste momento estamos coa e...

BETA #DiaMundialDaDiabetes

CARTEL Isabel Cascante e   Cynthia Gonzalez  Hoxe é o día mundial da diabetes e quero compartir convosco  esta curtametraxe escrita e dirixida pola  miña alumna Isabel Cascante , esta curta reflicte o debut na diabetes contado con moito humor . Segundo  palabras de ISABEL : "Con esta curta pretendiamos dúas cousas: Unha, era informar á xente sobre a diabetes  tipo 1 ou infantil que se confunde a miúdo coa diabetes tipo 2, a pesar de ser enfermidades moi distintas (a tipo 1 é autoimmune, a diabetes tipo 2 está ligada principalmente ao estilo de vida: sedentarismo, mala alimentación... Outro obxectivo era desdramatizar a situación, pódese levar unha vida plena a pesar de que ao principio poida supoñer algún inconveniente" Trátase dun proceso de aprendizaxe, superación e normalización, unha visión persoal que trata sobre todo de facer visible  a diabetes  tipo 1 , da que apenas se fala neste día . Beta from EduPlástica- Luz Belos...

"Superheroes e superheroínas" no Blogue do País "Escuelas en Red"

Comparto este marabilloso  artigo de Rodrigo J Garcia na edición dixital do Blogue do País "Escolas en Rede" sobre o proxecto "superheroes e superheroínas" http://blogs.elpais.com/escuelas-en-red/2016/11/superheroes-en-el-instituto-moaña.html Esta é a primeira parte , en quince días , a segunda. Grazas Rodrigo , por compartir tantas e tantas experiencias de aula , que demostran que  hai unha educación publica  que  temos que valorar e defender , unha educación pública marabillosa grazas aos docentes que habitan nela, eles son os meus superheroes e superheroínas .    #aArteIMPORTA,  e importa tamén a súa presenza na educación.

Somos GAÑADORES nos Premios á Innovación Educativa de SIMO Educación 2016

 O proxecto audiovisual que realizamos  o ano pasado en Educación Plástica no IES as Barxas, e que implicou a gran parte da comunidade educativa,  acaba de recibir un premio  nacional.  Somos gañadores nos Premios á Innovación Educativa de SIMO Educación 2016,  na modalidade: MELLORES EXPERIENCIAS TIC, categoría: Mellor Proxecto TIC Audiovisual . Podes atopar o proxecto nesta páxina  http://luzbelos.wixsite.com/-superheroes Premio  Innovación Educativa de SIMO Educación 2016 Recollendo o Premio en SIMO FOTO  @centro.juanmaria Ligazóns sobre o proxecto    EDUCACIÓN 3.0  http://www.educaciontrespuntocero.com/convocatorias/ganadores-la-iv-edicion-los-premios-simo-educacion/39874.html INNOVACIÓN EDUCATIVA FUNDACIÓN TELEFÓNICA  https://innovacioneducativa.fundaciontelefonica.com/blog/2016/10/17/superheroes-y-superheroinas-alumnado-comunicando-concienciando-y-emocionando/ ...

Hoxe é o DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL

Hoxe é o día mundial da saúde mental , e quería compartir convosco esta curta. IRIS é un traballo realizado polo meu alumnado de 4º ESO de educación plástica  o ano pasado, dentro do proxecto  "superheroes e superheroínas " que pretende loitar contra o estigma , normalizar e incluír. Esta curta escrita, dirixida, editada e  producida por Nerea L. de Castro, divídese en escenas para explicar como Iris, a nosa protagonista, interpretada por Cynthia González, enfróntase a  esquizofrenia.   "Facer esta curta foi unha experiencia marabillosa, na que todos e todas aprendemos moito sobre esta enfermidade, unha experiencia que ademais nos axudou a coordinarnos e traballar en equipo." (Nerea Lareu) Neste proxecto  implicouse a Asociación DOA en Cangas prestando material para informarnos sobre a enfermidade, deixáronnos  gravar nas súas instalacións e a súa directora, Estrela, revisou o guión xunto á enfermeira especialista en saúde mental ...

VI FESTIVAL AUDIOVISUAL AS BARXAS, Superheroes e superheroínas

Este ano o noso proxecto audiovisual enfócase nos superheroes e nas superheroínas. Pero que son para nós os superheroes? Cito un fragmento do guión da " A muller Lamprea ", escrito un ano máis pola compañeira e escritora Iria Collazo. "Os heroes e heroínas non sempre forman parte de lendas. Constrúense cada día. Todos podemos ser heroes e heroínas" ​  Os nosos superheroes   estan á fronte de batallas moi duras , esta é a nosa homenaxe a todos eles,  tratando   temas como: o bulling ,a transexualidade ,a saúde mental, o cancro, ou os malos tratos .  No proxecto colaboraron  profesores , profesoras  , pais ,nais ,irmás e irmáns, alumnos e alumnas doutros cursos, a asociación DOA de Cangas , músicos como Jorge Vidal e a  música asturiana "A Ziega ", escritores como Isabel Blanco e Miguel Ángel Alonso Diz, o Psicólogo Isaac Figueroa Piñeiro ,o Gabinete Olga, Ana Fernández  e a enfermeira especialista en s...

VI FESTIVAL AUDIOVISUAL AS BARXAS 8/06/2016

Xa estamos no VI Festival Audiovisual, e  estades  todos convidados  este 8  de xuño ás 6 da tarde no salón de actos do IES as Barxas. Este proxecto naceu dunha forma espontánea, ante o interese do meu alumnado polo audiovisual, nunca imaxinei que iamos continuar 6 anos máis. Nel participan , compañeiros , compañeiras ,nais, pais ,irmás e irmáns, alumnos e alumnas doutros cursos, a asociación DOA de Cangas , músicos como Jorge Vidal Igrexas e "A  Ziega ", escritores como Isabel e Miguel o Psicólogo Isaac Figueroa Piñeiro , o  Gabinete Olga, Ana Fernández Juncal e   a enfermeira Rosa Diaz Beloso (espero non esquecer a ninguén) , mil grazas a todos pola vosa colaboración e axuda. Como novidade teremos catro animacións , dúas delas realizadas coa laboriosa técnica da rotoscopia ,debuxando un a un os frames en papel vexetal . En total son once proxectos audiovisuais , todos eles tocados cun mesmo tema "SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS"...

VI FESTIVAL AUDIOVISUAL AS BARXAS 8/06/2016

Xa estamos no VI Festival Audiovisual, e  estades  todos convidados  este 8  de xuño ás 6 da tarde no salón de actos do IES as Barxas. Este proxecto naceu dunha forma espontánea, ante o interese do meu alumnado polo audiovisual, nunca imaxinei que iamos continuar 6 anos máis. Nel participan , compañeiros , compañeiras ,nais, pais ,irmás e irmáns, alumnos e alumnas doutros cursos, a asociación DOA de Cangas , músicos como Jorge Vidal Igrexas e "A  Ziega ", escritores como Isabel e Miguel o Psicólogo Isaac Figueroa Piñeiro , o  Gabinete Olga, Ana Fernández Juncal e   a enfermeira Rosa Diaz Beloso (espero non esquecer a ninguén) , mil grazas a todos pola vosa colaboración e axuda. Como novidade teremos catro animacións , dúas delas realizadas coa laboriosa técnica da rotoscopia ,debuxando un a un os frames en papel vexetal . En total son once proxectos audiovisuais , todos eles tocados cun mesmo tema "SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS"...