Saltar ao contido principal

BETA #DiaMundialDaDiabetes

CARTEL Isabel Cascante e  Cynthia Gonzalez 

Hoxe é o día mundial da diabetes e quero compartir convosco  esta curtametraxe escrita e dirixida pola  miña alumna Isabel Cascante , esta curta reflicte o debut na diabetes contado con moito humor .

Segundo  palabras de ISABEL :

"Con esta curta pretendiamos dúas cousas:
Unha, era informar á xente sobre a diabetes  tipo 1 ou infantil que se confunde a miúdo coa diabetes tipo 2, a pesar de ser enfermidades moi distintas (a tipo 1 é autoimmune, a diabetes tipo 2 está ligada principalmente ao estilo de vida: sedentarismo, mala alimentación...
Outro obxectivo era desdramatizar a situación, pódese levar unha vida plena a pesar de que ao principio poida supoñer algún inconveniente"

Trátase dun proceso de aprendizaxe, superación e normalización, unha visión persoal que trata sobre todo de facer visible  a diabetes  tipo 1 , da que apenas se fala neste día .



Beta from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.
Educar como compromiso con la vida, proyecto "SUPERHÉROES Y SUPERHEROÍNAS"
Isabel Cascante - Dirección y guión
Elena Fernandez - Protagonista - Claudia, Nerea L. de Castro - Cámara,sonido y actriz, Alba Rodriguez - Actriz , Francis Drake - Actor , Ines amuela - Actriz
Maria Puentes - Sonido, luces y ayudante de dirección, Maria José Soto- Actriz, Cynthia Gonzalez - Actriz y ayudante de dirección
Profesor coordinador :Luz Beloso

Agradecimiento al despacho de abogados West Law
MÚSICA: Here is a song -Boztown
Kai Engel
http://freemusicarchive.org
EDUCACIÓN PLÁSTICA, 4º ESO, IES as Barxas
Moaña

Comentarios

Publicacións populares deste blog

CURSO 2025/26

🎨✨  Benvidas e benvidos ao novo curso de Plástica!  ✨🎨 Aquí atoparedes a nosa pequena ventá creativa: a páxina web onde irei compartindo co vós as  tarefas, actividades e novidades  ao longo do ano. Este espazo será o noso caderno colectivo: un lugar para  experimentar, aprender, probar, equivocarse e volver intentar. Bo inicio de curso a todas e todos, e que a creatividade nos acompañe! https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/inici o

CEFORE 2025 360 º -ROTOSCOPIA

Animando a nosa contorna  I : https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/3-eso/3-avaliaci%C3%B3n/animando-as-barxas?authuser=0  Rotoscopia PENCIL 2D II https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/3-eso/3-avaliaci%C3%B3n/animaci%C3%B3n-pencil-2d PROXECTO CURTAS 360  https://sites.google.com/view/curtas360/inicio?authuser=0 BARXAS 360  https://sites.google.com/view/artes360/inicio?authuser=0

CURSO 2023/24

Bo inicio de curso a todas e todos Este ano vou ser a profesora de Debuxo artístico, e Debuxo técnico en 1 Bacharelato , xunta ca Educación plástica, visual e audiovisual de 3ESO e 4ESO, e o proxecto competencial de 2 ESO. Aquí queda a páxina web onde vos irei comentando as Tarefas . https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/inicio?authuser=1