"A primeira aventura da Muller Lamprea fórxase cando comeza a sentir berros de axuda cada vez máis insistentes e preocupantes......." Unha animación dos nosos alumn@s do IES as Barxas, 1º ESO C e D , a partir dun fermoso conto da "profe" de Galego Iria Collazo Un traballo en equipo , onde o mais difícil foi coordinar os dous grupos de primeiro e repartir o traballo. Dividimos a animación en escenas de forma que cada grupo encargábase dunha escena ,escenario, personaxes e stopmotión . A animación de textos realízase con diferentes programas online ,capturados en vídeo da pantalla do computador. A nosa "muller lamprea" elaborado polo alumnado de 1º ESO C e D resultou gañador dun accésit polo "fomento do uso do galego".
I Certame Audiovisual Escolar do IES Monte Carrasco. Finalista no premio Impinxidela do festival audiovisual galego OLLOBOI