Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta ANIMACIÓN 2D

Selección oficial, FIC DE BUEU

NOTICIA¡¡¡¡ a animación "Regala Sorrisos " do alumnado de "Animación" do IES as Barxas , Moaña , é unha das catro curtametraxes seleccionadas como finalistas no FIC DE BUEU na súa categoría , o 15 de setembro veranse proxectados no FESTIVAL , unha honra. https://www.ficbueu.com/2018/06/20/seleccionadas-seccion-escolas/

BULLIYNG SELECCIÓN OFICIAL DE CURTAMETRAXES no Terceiro Festival de Curtas para a Educación na Diversidade

A curta Bulliyng   das alumnas e alumnos de animación de 1º BACH do IES   As Barxas  é SELECCIÓN OFICIAL DE CURTAMETRAXES no Terceiro Festival de Curtas para a Educación na Diversidade, organizado pola Universidade Tecnolóxica Nacional / Facultade Rexional Avellaneda , co apoio da Rede de Escolas Asociadas á UNESCO e o patrocinio da Comisión Nacional Arxentina de Cooperación coa UNESCO. PROXECTARASE o 13 de Setembro entre as 9:30 hs e as 13 hs ver  http://www.festival.idenf.fra.utn.edu.ar/cortometrajes/jovenes B U L L Y I N G from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo . FINALISTA no certame INTERNACIONAL VIDEOMINUTO 1º BACH OBRADOIRO DE ANIMACIÓN -IES AS BARXAS Guión Isabel Cascante Garcia Ilustración e Animación : Isabel Cascante Garcia Maria Puente Couso Alba Rodríguez Ríos Nerea Lareu de Castro Rubén Chapela Pereira Julieta Insagaray Artigas Lucia Parcero Martínez Marío Santomé Rodríguez MOAÑA https://animacioneducacionplasti...

B U L L Y I N G

Aquí queda a primeira curta deste ano de 1º BACH de "ANIMACIÓN" , unha nova materia na que estamos a desenvolver  diferentes técnicas e proxectos . Este  traballo é unha  metáfora sobre o illamento que produce o Bullying,  a  indiferenza fainos complices . Con guión de Isabel Cascante , debuxos de Maria , Alba, Rubén , Nerea ..... B U L L Y I N G from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo .

Latexos seleccionada no " XII FESTIVAL DE CINE INFANTIL DE CIUDAD GUAYANA" e no "FESTIVAL DE CINE COMUNITARIO E INDEPENDIENTE DE ARAGUA Y CARABOBO"

LATEXOS from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo . A animación   Latexos   realizada polos alumn@s de 3º ESO do IES as Barxas en Educación Plástica   partindo dun poema do  xenial escritor  Miguel Ángel Alonso Diz , volve cruzar o charco , esta vez é parte da selección oficial do" XII FESTIVAL DE CINE INFANTIL DE CIUDAD GUAYANA". http://festcineinfantilcdguayana.blogspot.com.es/2016/11/seleccion-oficial-saludos.html A curta xa foi estreada en Venezuela este 8 e 9 de outubro no 4 TO. FESTIVAL DE CINE COMUNITARIO E INDEPENDIENTE DE ARAGUA Y CARABOBO , e proxectada en  :      SALA MUSEO DE ARTE VALENCIA - SEDE PRINCIPAL       INSTITUTO UNI VERSITARIO DE TECNOLOGÍA VALENCIA      CAFÉ CARAMBA - MARACAY ARAGUA        CINE ARTE PATIO TRIG A VER LIGAZÓN : http://educortos.blogspot.com.es/2016/09/seleccionados-no-festival-de-curtas-de.html

Seleccionados no festival de CURTAS na ESCOLA do FIC BUEU

A curtametraxe LATEXOS realizada polos meus alumno@s de 3 ESO e  a curta dos alumn@s de 4º ESO “CABELOS DE BATALLA”  de Educación Plástica do IES as Barxas,  ambas as dúas cun poema  de  Miguel Ángel Alonso Diz ,  son finalistas na sección de CURTAS DE ESCOLA no  FIC BUEU   A proxección de curtas e a selección de curta gañadora celebrarase o vindeiro domingo 18 de setembro ás 18:00h no Centro Social do Mar de Bueu. LATEXOS from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo .   CABELOS DE BATALLA from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo .

ANIMANDO "CANTA O CUCO" , OBRADOIRO DE PLÁSTICA AS BARXAS

Aquí deixo dúas animacións realizas polos meus alumnos de plástica de 1º e 3ª da ESO , Un traballo realizado a partir do Libro "Canta ou cuco" editado por Galaxia na colección de Sonárbore, de Uxía  e Magín con Poemas de Manuel María. Un traballo realizado co motivo de celebrar o día das letras galegas. Falan de nós na CRTVG : http://www.crtvg.es/cultural/corte-a-corte/uxia-e-magin-blanco-estrean-o-videoclip-a-cidade-sobre-un-poema-de-manuel-maria

AUL@ANIMADA : ANIMACIÓN 2D PARA CONCIENCIAR

Grazas a unha proposta de  Ana Moreiras , leamos a manta á cabeza e decidimos empezar este proxecto . A nosa primeira meta é como sempre comunicar, comunicar mediante a animación ,  pero para iso os meus alumn@s necesitaban documentación , empezamos a informarnos  sobre a endometriose , unha gran descoñecida para moitos de nós, con todo unha enfermidade que afecta a moitísimas mulleres , preto do 10 ao 15% da poboación feminina que estea diagnosticada, tendo en conta que  tarda anos en ser  diagnosticada, é unha enfermidade  sobre a que apenas se investiga , ignorada , invisibilizada , unha enfermidade que  só afecta as mulleres . VER ENLACE

XEOMETRÍA ANIMADA

ANIMACIÓN CON PAPEL VEXETAL XEOMETRÍA ANIMADA III from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo . video educación, formación, education, arts , EDUCACIÓN PLÁSTICA Y AUDIOVISUAL as BARXAS, 3º ESO ANIMACIÓN CON  VECTORIAN GIOTTO XEOMETRÍA ANIMADA- 3º ESO ,Plástica as Barxas from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo . XEOMETRÍA ANIMADA ,alumn@s 3º ESO Educación plástica as BARXAS Metamorphosis , Vectorian Giotto vÍdeo educación, formación, education, arts Education,IES AS BARXAS http://animacioneducacionplastica.blogspot.com.es/2015/12/xeometria-animada-con-vectorian-giotto.html

MURAIS que CONTAN , " Lenda da Paralaia"

Lenda da Paralaia from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo . EDNL e Departamento de educación plástica do IES As Barxas Murales e animación 1º Bacharelato de DEBUXO ARTÍSTICO Voces alumnado da ESO do EDLN Obradoiro plásticasbarxas EDLN Lingua que traba Proxecto profesores: Brais Pérez e Luz Beloso Horror Music de Audionautix está sujeta a una licencia de Creative Commons Attribution (https://creativecommons.org/licenses/by/4.0/) Artista: http://audionautix.com/ LENDA DA PARALAIA (Recollida de Eugenio Freire Pérez. 44 anos. Colexio de Reíbón, 1986, e tirada do blogue Lendas de Moaña)

PREMIO OLLOBOI ANIMADO

Estes días case non teño tempo para actualizar o blog, estamos en obras, preparándoo todo para o noso festival audiovisual que como  dende fai xa cinco anos vimos celebrando  no  IES  ás  Barxas , pero esta noticia ben merece unha entrada,  un recoñecemento que nos dá novas forzas para seguir traballando con ilusión e entusiasmo , acabamos de gañar o  OLLOBOI  ANIMACIÓN por este  video  realizado polos alumnos de 2º de BACHARELATO de debuxo artístico. Prabéns nenos¡¡, e mil grazas á organización polo traballo realizado ,  como sempre excepcional. Olloboi un festival audiovisual escolar que é un referente en Galicia. http://leliadoura.com.es/olloboi/ganadores.php A xustiza pola man - Rosalía de Castro from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo .

REMUIÑO VIOLETA NAS BARXAS

Este curso imos a celebrar o 17 de maio co noso  recén  nacido "remuíño violeta ", un remuíño de ideas creativas que crecen no  IES  ás  Barxas , un remuíño que empeza a xirar e non pensa parar mentres non exista unha conciencia na igualdade de oportunidades, queremos abrir  camiños  e  novas  formas de mirar. Por iso nós celebramos este día con  Begoña Caamaño ,   " porque si, porque nos gusta, porque nos peta , porque nos  sae de dentro, alá do fon do  " , nos  sae da alma,  e celebrámolo   con este fermoso  ALALÁ  de despedida de  Uxia Senlle  para a súa querida  amiga , que grazas á petición de  Iria  Collazo,  cedeunos para realizar esta animación. Esperamos que vos guste. Os artistas da animación para conmemorar o evento son os meus alumn@s de 3º ESO e debuxo de BACH . Animación  rotoscopia : Alumn@s 3º ESO Animación  2D: ...

+ARTE CON FRANK GEHRY

Este vídeo realizado polas miñas alumnas de debuxo artístico acaba de recibir unha Mención especial pola Fundación princesa de Asturias pola súa calidade e a súa estética, quedando finalistas en segundo lugar na categoría de Bacharelato #ElArteImporta GRAZAS  A "Morrazo al Día"   polo seu fermoso e completo artigo   http://morrazoaldia.com/gl/la-fundacion-princesa-de-asturias-elogia-la-calidad-audiovisual-de-moana / FRANK GEHRY from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo . Alumnas de debuxo artístico Nuria Souto Maria Piñeiro Jessica Miranda Música : Josh Woodward , web Jamendo profesor :Luz Beloso Mención especial por la Fundación princesa de Asturias por su calidad y su estética, quedando finalistas en segundo lugar en la categoría de Bachillerato, http://www.fpa.es/concurso/acta-del-jurado/

+ ARTE

Déixovos estes dous fermosos artigos de Rodrigo J. García . Especialista en redes sociais e cambio educativo. Asesor para o desenvolvemento de prácticas democráticas de aprendizaxe en institucións educativas.  Grazas Rodrigo por divulgar  no blog do país: Escuelas en Red   as nosas experiencias ,isto son cápsulas de enerxía para nós. Pese a que a actual Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) sitúa os ensinos artísticos no espazo do non obligatorio, o opcional, malia iso, nos seguiremos traballando co mesmo entusiasmo, coa esperanza de que algún día a  ARTE teña o espazo que se merece na educación. http://blogs.elpais.com/escuelas-en-red/2015/02/mas_arte.html http://blogs.elpais.com/escuelas-en-red/2015/02/el_compromiso_del_arte.html              

DEBUXO ARTÍSTICO AS BARXAS , AUL@NIMADA

Novos traballos dos meus alumnos de debuxo artístico das  Barxas FRIDA from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo . dibujo artístico IES as Barxas Paisaje from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo . Vídeo-creación de Maria Piñeiro, realizada en debuxo artístico , IES as BARXAS Profesor coordinador Luz Beloso Soamente sobresaía o seu sombreiro, nadaba sobre o seu sangue, soltando o seu sexto suspiro, sumíase suplicando o seu socorro Non deixes que a pobreza se transforme en parte da paisaxe video educación, formación. http://animacioneducacionplastica.blogspot.com.es/2014/11/frida.html http://animacioneducacionplastica.blogspot.com.es/2014/11/paisaxe.html

Estamos feitos do mesmo tecido que os nosos soños

Tecendo ilusións from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo . Esta animación é un traballo pendente que por fin conseguimos rematar este venres,  está realizado coa tradicional técnica de debuxar un a un cada cadro da animación co único fin de conseguir movemento, son máis de trescentos debuxos realizados en papel vexetal por  Xabier  e coloreados a medias con  Laura , tratados  con suma delicadeza, moita paciencia e coa mesma ilusión da que nos falan no seu curto. Ver máis

Animando a Vincent van Gogh

Animando a Vincent van Gogh Obradoiro plástica as Barxas Interpretación das miñas alumnas de Debuxo artístico. VER máis Animando a Vincent van Gogh from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo . Animando a Vincent van Gogh Obradoiro plástica as Barxas IES as Barxas ,interpretación das alumnas de Debuxo artístico http://framebyframe.hol.es

FRAME BY FRAME, Páxina web de recursos sobre técnicas de animación 2D e 3D

Este fin de semana tiven a oportunidade de presentar en SIMO  a web " Frame by Frame "  recurso  creado para que realices os teus proxectos de animación dunha forma sinxela. M Jose Soto e Luz Beloso  Esta páxina web de recursos é un traballo realizado co meu compañeiro de educación plástica Juan Sicilia Barci, autor tamén da web ESPAZO 3 D , esperamos  sexa de utilidade. Deixo tamén o enlace ao   prezi   que proxectamos este 17 de outubro no relatorio do salón da linguaxe audiovisual,   traballo elaborado xunto á miña compañeira e amiga  Maria Jose Soto http://prezi.com/p0jzeymlwlj8/?utm_campaign=share&utm_medium=copy&rc=ex0share MOITAS GRAZAS   a  Henar Moros  ,   Manuel  Pérez Báñez  e I nevery  Crea pola difusión. http://ineverycrea.net/comunidad/ineverycrea/recurso/proyectos-recomendados-educortos-de-luz-beloso/2d07ae78-4c9a-41b7-a09d-5c4f860f790a h...