Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Francisco Castro -Chamádeme Simbad

salvar un libro en GALEGO, A MULLER DE ALZHEIMER, Francisco Castro

Dentro das aulas do IES as Barxas o audiovisual empeza a ser xa un recurso imprescindible . Este precioso vídeo xurdido do corazón da biblioteca do noso IES  , é obra de ASUN  (do departamento de  Lingua e Literatura castelá e coordinadora do equipo da biblioteca )  e dos seus alumnos de 2º da ESO. O que empezou sendo unha lectura no patio do noso centro, rematou sendo toda unha experiencia onde, os nenos aprenderon algo máis que a salvar un libro, aprenderon toda unha lección de vida,  eles e nós.  E como dí o náufrago na súa canción " É que o realmente importante non vén nos libros de texto" O fermoso poema é de FRANCISCO CASTRO ( Escritor do que xa somos ferventes admirador@s) A MULLER DE ALZHEIMER , blog do escritor IVOOX FRANCISCO CASTR O O ESCRITOR FRANCISCO  CASTRO FALA DO  VIDEO, FACEDE CLIK NO  ENLACE Grazas Náufrago :)) Na entrada do facebook deste artigo de Francisco Castro, alguén compartiu connosco este ferm...

NUESTROS CORTOS-SALVAR UN LIBRO,CHAMÁDAME SIMBAD DE FRANCISCO CASTRO,1º ESO

Preto de sesenta nen@s póñense de acordo para s alvar un libro  en galego ;CHAMÁDEME SIMBAD de Francisco Castro ,   obra na que un avó e o seu neto se achegan ata mostrar unha complicidade que supera a enfermidade do Alzheimer . "O avó fai cousas raras. Esquécese de todo. Cámbialle o nome a todo o mundo. Incluso ao seu neto. Que se chama Paulo, pero que para o avó é Simbad o Mariñeiro. As cadeiras son barcos e os piratas rodéanos por todas partes. E hai filibusteiros inimigos alí onde mires. Os adultos, coa súa mirada de adultos, non poden entender nada. Pero Paulo sí que comprende o avó. Porque é un neno con mirada de neno. El é o único que o entende. El é o único que, cando as cousas se poñan feas, vai saber como actuar. Paulo, ou Simbad o Mariñeiro, tanto ten, loitará contra a enfermidade do avó, contra dos adultos e, sobre todo, contra do egoísmo " . Este é o vídeo no que os alumnos de 1º ESO D e C do noso IES len unha parte do relato. Vede o enlace da  páxina do...