Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2018

VIII FESTIVAL AS BARXAS "Somos a nosa memoria"

Desde hai 8 anos, en Educación Plástica no IES as BARXAS traballamos creando distintos produtos audiovisuais que viran sempre ao redor dun tema. A motivación deste ano é "A MEMORIA”; trátase de guións realizados partindo dos recordos e a memoria dos nosos avós e avoas de Moaña. A memoria conéctanos cas vivencias da alma, cos cimentos do noso día a día. Este evento é unha homenaxe a todas e todos eles. A nosa produtora audiovisual ( Caranguexo Films), na que xa parti cipa toda a comunidade educativa, culmina cun festival audiovisual no que se estrean este ano 12 curtas e animacións, producidas, gravadas e editadas polo alumnado. Como novidade contaremos de agora en diante cunha nova sección,  # somosVioleta  que consiste en “3 curtametraxes que loitan contra as violencias Machistas". Todos os traballos desta sección están realizados, gravados e editados exclusivamente co móbil . As curtas que se van proxectar son: "FORTEM "  Algúns actos de