Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta FESTIVAL AUDIOVISUAL SOLIÑO

FESTIVAL ONLINE AUDIOVISUAL CONFINADO

OSOliño FILMS nace  no curso 2019-2020,  como proxecto educativo desenvolvido na materia de Cultura Audiovisual. A nosa mirada estaba posta nun festival audiovisual presencial,  que se ía a celebrar en maio  no Auditorio de Cangas. Contabamos coa participación doutros institutos da península do Morrazo como o IES as Barxas ou o Paralaia, pero  a nova realidade chega, e pon freo a este proxecto no medio da rodaxe , algúns grupos xa tiñan  terminado a súa primeira escena. O recurso utilizado é o móbil ,  tan pouco estimado e mesmo demonizado na educación serviunos: para editar , gravar, crear foleys, editar o audio, pero sobre todo para comunicarnos e seguir en contacto por WhatsApp, creando grupos por aula, e por proxectos en conxunto entre alumnos e alumnas ou entre profesorado e alumn@s.   Traballando , animándo e colaborando en videocreaciones ou videoclips . No proxecto podemos atoparnos desde películas de terror , curtas de resistencia  ...

OSOliño FILMS, Festival confinado

Este ano o alumnado de Cultura Audiovisual do Soliño teriamos que ter o noso festival no auditorio de Cangas xunto con outros centros do Morrazo para o 20 de Maio. OSOliño FILMS é un proxecto planificado desde inicio de curso, pero o noso soño non se cumplíu por culpa dunha pandemia, este vídeo pertence á Noite de Cinema e Educación Virtual do 17 abril 2020 , no ví deo comento a miña intención de seguir e continuar cun proxecto truncado polo confinamento , ver LIGAZÓN Darlle a volta a vida e ao noso proxecto e conseguir rodar a pesar das dificultades, foi o reto este curso 2019/20 . Non son os mesmos guións, nin os mesmos temas, estes foron adaptados ao momento que lle tocou vivir ao meu alumnado . No proxecto realizaron desde curtametraxes confinadas , animacións , musicais , traballaron colabora tivamente en vídeocreacións , videoclips coordinadas por whatsapp entre o alumnado e o profesorado do Soliño , desde pequenos programas de TV , con titoria...

INTOLERANCIA

Este curso no IES María Soliño , como todos os anos que pasei nas Barxas desde o 2011 gustaríame facer un Festival Audiovisual. As curtas estreásense por primeira vez no Auditorio Cangas, xa temos reservada data para mediados de Maio (apuntade). Como todo proxecto educativo, é unha aventura .  Ilusión e motivación por parte do alumnado de 1º Bach de Cultura Audiovisual non falta , elxs decidiron chamarlle OSOliño FILMS á súa nova produtora e o título do FESTIVAL deste ano é "INTOLERANCIA ", como á curta do noso taller de animación que acaba de ser FINALISTA no Concurso Ciberespect 2019 .https://vimeo.com/372753253 INTOLERANCIA from OSOliño Films on Vimeo . CURTA FINALISTA no Concurso Ciberespect 2019 Guión : André Vázquez Aaron Fernández Irma Santo Sábela Ledet Xian Aldovera Carla Vilariño Juan Cruz Leire Gonzalez Iciar del Rio Teresa Costa Profesora coordinadora : Luz Beloso Música Kai Engel Productora : OSOliño FILMS ARTES IES MARIA SOLIÑO FRA...