Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta DEBUXO ARTÍSTICO

PREMIO OLLOBOI ANIMADO

Estes días case non teño tempo para actualizar o blog, estamos en obras, preparándoo todo para o noso festival audiovisual que como  dende fai xa cinco anos vimos celebrando  no  IES  ás  Barxas , pero esta noticia ben merece unha entrada,  un recoñecemento que nos dá novas forzas para seguir traballando con ilusión e entusiasmo , acabamos de gañar o  OLLOBOI  ANIMACIÓN por este  video  realizado polos alumnos de 2º de BACHARELATO de debuxo artístico. Prabéns nenos¡¡, e mil grazas á organización polo traballo realizado ,  como sempre excepcional. Olloboi un festival audiovisual escolar que é un referente en Galicia. http://leliadoura.com.es/olloboi/ganadores.php A xustiza pola man - Rosalía de Castro from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo .

REMUIÑO VIOLETA NAS BARXAS

Este curso imos a celebrar o 17 de maio co noso  recén  nacido "remuíño violeta ", un remuíño de ideas creativas que crecen no  IES  ás  Barxas , un remuíño que empeza a xirar e non pensa parar mentres non exista unha conciencia na igualdade de oportunidades, queremos abrir  camiños  e  novas  formas de mirar. Por iso nós celebramos este día con  Begoña Caamaño ,   " porque si, porque nos gusta, porque nos peta , porque nos  sae de dentro, alá do fon do  " , nos  sae da alma,  e celebrámolo   con este fermoso  ALALÁ  de despedida de  Uxia Senlle  para a súa querida  amiga , que grazas á petición de  Iria  Collazo,  cedeunos para realizar esta animación. Esperamos que vos guste. Os artistas da animación para conmemorar o evento son os meus alumn@s de 3º ESO e debuxo de BACH . Animación  rotoscopia : Alumn@s 3º ESO Animación  2D: ...

+ARTE CON FRANK GEHRY

Este vídeo realizado polas miñas alumnas de debuxo artístico acaba de recibir unha Mención especial pola Fundación princesa de Asturias pola súa calidade e a súa estética, quedando finalistas en segundo lugar na categoría de Bacharelato #ElArteImporta GRAZAS  A "Morrazo al Día"   polo seu fermoso e completo artigo   http://morrazoaldia.com/gl/la-fundacion-princesa-de-asturias-elogia-la-calidad-audiovisual-de-moana / FRANK GEHRY from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo . Alumnas de debuxo artístico Nuria Souto Maria Piñeiro Jessica Miranda Música : Josh Woodward , web Jamendo profesor :Luz Beloso Mención especial por la Fundación princesa de Asturias por su calidad y su estética, quedando finalistas en segundo lugar en la categoría de Bachillerato, http://www.fpa.es/concurso/acta-del-jurado/

DEBUXO ARTÍSTICO AS BARXAS , AUL@NIMADA

Novos traballos dos meus alumnos de debuxo artístico das  Barxas FRIDA from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo . dibujo artístico IES as Barxas Paisaje from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo . Vídeo-creación de Maria Piñeiro, realizada en debuxo artístico , IES as BARXAS Profesor coordinador Luz Beloso Soamente sobresaía o seu sombreiro, nadaba sobre o seu sangue, soltando o seu sexto suspiro, sumíase suplicando o seu socorro Non deixes que a pobreza se transforme en parte da paisaxe video educación, formación. http://animacioneducacionplastica.blogspot.com.es/2014/11/frida.html http://animacioneducacionplastica.blogspot.com.es/2014/11/paisaxe.html