Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2014

1º PREMIO EDUCABARRIÉ á animación "Penélope"

1º PREMIO EDUCABARRIÉ á animación Penélope EducaBarrié acaba de concedernos o primeiro premio polo audiovisual Penélope , animación realizada na sua maior parte por Paula Solla durante moitos recreos no OBRADOIRO DE PLÁSTICA , obradoiro que funciona desde fai xa 6 anos , grazas á demanda dos alumn@s do IES as Barxas e motivado  pola falta de horas na nosa asignatura, vendo isto eu prefiro dedicarlle o meu tempo ao entusiasmo dos meus alumn@s e as súas ganas de aprender que a tomarme un café, quizais eses 30 minutos xunten aos artistas, arquitectos, diseñadores, decoradores, ilustradores, animadores, enxeñeiros, cineastas, creadores en definitiva do futuro, imposible negarse, isto ten moita máis forza para min . Agradezo a EducaBarrié o recoñecemento ao noso traballo e esforzo , pero sobre todo agradezo aos meus alumn@s a súa paixón pola educación plástica e visual , unha asignatura que co tempo e as reformas varias vai perdendo horas lectivas.  GRAZAS EDUCABARRIÉ ¡ Penélope, de Xo

"REALIDADES DELIRANTES " IV FESTIVAL AUDIOVISUAL AS BARXAS

REALIDADES DELIRANTES  Un proxecto onde os meus alumn@s tiñan que aprender a realizar un guión cinematográfico, estudar a linguaxe audiovisual, planificar(story board), rodar, actuar, editar e realizar animacións  para os títulos de crédito inspirándose nos " motion graphics " do cine  . Traballando por grupos os ne@s de 4º ESO C asumiron o papel de director, cámaras,  guionistas, editaron o son, os efectos especiais, foron actores, maquillaron, buscaron o vestuario e os escenarios.  Puxemos en común cada unha das cinco curtas en distintos momentos do 2º trimestre, corrixindo  e volvendo repetir escenas  si era necesario, todos opinamos e valoramos, alumn@s e profesora.  Aprenderon a montar unha curta, pero sobre todo a armarse de paciencia , chegando a editar e reeditar varias veces a mesma escena.  Estou convencida de que non esquecerán esta experiencia , un traballo en equipo onde todos son necesarios e cada un asumiu responsabilidades.  O profesor só foi un guía,

Premiados pola Fundación Amancio Ortega

Premio para un novo proxecto que levaremos a cabo no curso 2014-15 "creación dunha editorial" O ÁLBUM ILUSTRADO , un traballo interdisciplinar de economía (Pilo ) e educación plástica , no que participan catro centros que podedes ver no video de presentación do proxecto, con campañas de animación á lectura , música, tradución .. (Maria, Vero, Montse e Alfonso) Que imos facer en educación plástica? En economía créase a empresa e nós en plástica creamos o produto. A partir dun texto elaborado polos nosos alumnos , traballaremos a narrativa visual (o story ) , planificaremos o álbum, crearemos os personaxes e traballarán os meus alumnos con distintas técnicas de ilustración , da tradicional á dixital . Coñecerán todas as fases de creación do álbum incluída a realización da maqueta  Aprenderemos de distintos AUTORES ; ilustradores e escritores como Miguel Ángel Alonso.  Pero sobre todo darémoslle a importancia que se merece á ilustración dentro do álbum ilustrado , ente

A MULLER LAMPREA premio de vídeo-creación

A nosa muller lamprea ten un novo PREMIO¡¡GAÑADORA na convocatoria    do concurso de VIDEO - CREACIÓN do Concello de Santiago de Compostela,  na categoria de secundaria obrigatoria. http://santiagodecompostela.org/hoxe/nova.php?id_nova=11444 A MULLER LAMPREA IV from EduPlástica on Vimeo . ANIMACIÓN feita polos alumn@s de 1º ESO de Educación Plástica do IES as BARXAS Guión e Voz :Miguel Ángel Alonso Díz Profesora:Luz Beloso PROXECTO " A MULLER LAMPREA"http://edu-plastica.blogspot.com.es/search/label/muller%20lamprea PREMIO MELLOR OLLOBOI ORIXINAL 2014