Saltar ao contido principal

1º PREMIO EDUCABARRIÉ á animación "Penélope"

1º PREMIO EDUCABARRIÉ á animación Penélope
EducaBarrié acaba de concedernos o primeiro premio polo audiovisual Penélope , animación realizada na sua maior parte por Paula Solla durante moitos recreos no OBRADOIRO DE PLÁSTICA , obradoiro que funciona desde fai xa 6 anos , grazas á demanda dos alumn@s do IES as Barxas e motivado  pola falta de horas na nosa asignatura, vendo isto eu prefiro dedicarlle o meu tempo ao entusiasmo dos meus alumn@s e as súas ganas de aprender que a tomarme un café, quizais eses 30 minutos xunten aos artistas, arquitectos, diseñadores, decoradores, ilustradores, animadores, enxeñeiros, cineastas, creadores en definitiva do futuro, imposible negarse, isto ten moita máis forza para min .
Agradezo a EducaBarrié o recoñecemento ao noso traballo e esforzo , pero sobre todo agradezo aos meus alumn@s a súa paixón pola educación plástica e visual, unha asignatura que co tempo e as reformas varias vai perdendo horas lectivas. 
GRAZAS EDUCABARRIÉ ¡

Penélope, de Xosé María Díaz Castro from EduPlástica on Vimeo.





Comentarios

Publicacións populares deste blog

CURSO 2025/26

🎨✨  Benvidas e benvidos ao novo curso de Plástica!  ✨🎨 Aquí atoparedes a nosa pequena ventá creativa: a páxina web onde irei compartindo co vós as  tarefas, actividades e novidades  ao longo do ano. Este espazo será o noso caderno colectivo: un lugar para  experimentar, aprender, probar, equivocarse e volver intentar. Bo inicio de curso a todas e todos, e que a creatividade nos acompañe! https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/inici o

CEFORE 2025 360 º -ROTOSCOPIA

Animando a nosa contorna  I : https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/3-eso/3-avaliaci%C3%B3n/animando-as-barxas?authuser=0  Rotoscopia PENCIL 2D II https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/3-eso/3-avaliaci%C3%B3n/animaci%C3%B3n-pencil-2d PROXECTO CURTAS 360  https://sites.google.com/view/curtas360/inicio?authuser=0 BARXAS 360  https://sites.google.com/view/artes360/inicio?authuser=0

"Cabelos de batalla" Mellor curtametraxe de escola no FICBUEU 2016

A nosa curta animada  ' Cabelos de batalla'  que trata sobre a dura loita contra o cancro infantil,  realizada polos  alumnos e alumnas de 4ºESO:  Nerea Rosales,  Manuel Escudeiro, Daniel Blanco, Lucía Freire, Diego Costa e  Iria Portela      en  Educación Plástica  e Visual  para o proxecto SUPERHEROES &SUPERHEROÍNAS ,  con poema do escritor  Miguel Ángel Alonso Diz  e voz de  Inés Padín  , acaba  de recibir  o   premio    a "mellor curtametraxe de escola  " do  prestixioso festival FICBUEU 2016.  No IES as Barxas non podemos estar máis  felices, grazas. Manuel Escudeiro,  Nerea Rosales ,  Iria Portela,  Lucía Freire,  Daniel Blanco e  Diego Costa . NO FARO  http://ocio.farodevigo.es/cine/noticias/nws-530149-el-fic-bueu-clausura-su-novena-edicion-mas-4000-espectadores.html BOTÓNS DE AULA ...