Saltar ao contido principal

QUEN SON

 Este blogue é unha experiencia educativa na que  o alumnado utiliza os recursos da linguaxe cinematográfica, posibilitando así que se abran novas vías de experimentación na procura de novas formas de expresión e creación a través das novas tecnoloxías, que nos permitan aumentar o espírito crítico e a concienciación social. Traballamos  a alfabetización audiovisual como un dos factores crave na formación de futuros espectadores , abordando sempre  os temas que máis nos preocupan.
Este proxecto naceu non só co obxectivo de producir curtas e animacións, senón co de desenvolver as capacidades persoais e profesionais do alumnado, colaborando como sempre con outros departamentos, desde unha didáctica interdisciplinar, transversal e fomentando a educación en valores. 
 Aprendemos facendo, con todos e de todos , emocionando e comunicando.
  Educar es un  compromiso con la vida.
Profesora responsable : Luz Beloso  

Profesora 09 no IES AS BARXAS (MOAÑA) PONTEVEDRA
luzbelos@yahoo.es





ILUSTRACIÓN DE   para edAULABLOG




    PRESENTACIÓNS PROXECTOS
    COMUNICAR, TRANSFORMAR , UNIR: https://prezi.com/vbvxf1ufbsq9/crear-para-comunicar-transformar-e-unir/



            FALAN DE EDUCORTOS







                                                                                  

                                            

        




    Publicacións populares deste blog

    CURSO 2026/27

    🎨✨  Benvidas e benvidos ao novo curso !  ✨🎨 Aquí atoparedes a nosa pequena ventá creativa: a páxina web onde irei compartindo co vós as  tarefas, actividades e novidades  ao longo do ano. Este espazo será o noso caderno colectivo: un lugar para  experimentar, aprender, probar, equivocarse e volver intentar. Bo inicio de curso a todas e todos, e que a creatividade nos acompañe! https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/inici o

    "Cabelos de batalla" Mellor curtametraxe de escola no FICBUEU 2016

    A nosa curta animada  ' Cabelos de batalla'  que trata sobre a dura loita contra o cancro infantil,  realizada polos  alumnos e alumnas de 4ºESO:  Nerea Rosales,  Manuel Escudeiro, Daniel Blanco, Lucía Freire, Diego Costa e  Iria Portela      en  Educación Plástica  e Visual  para o proxecto SUPERHEROES &SUPERHEROÍNAS ,  con poema do escritor  Miguel Ángel Alonso Diz  e voz de  Inés Padín  , acaba  de recibir  o   premio    a "mellor curtametraxe de escola  " do  prestixioso festival FICBUEU 2016.  No IES as Barxas non podemos estar máis  felices, grazas. Manuel Escudeiro,  Nerea Rosales ,  Iria Portela,  Lucía Freire,  Daniel Blanco e  Diego Costa . NO FARO  http://ocio.farodevigo.es/cine/noticias/nws-530149-el-fic-bueu-clausura-su-novena-edicion-mas-4000-espectadores.html BOTÓNS DE AULA ...

    Somos GAÑADORES nos Premios á Innovación Educativa de SIMO Educación 2016

     O proxecto audiovisual que realizamos  o ano pasado en Educación Plástica no IES as Barxas, e que implicou a gran parte da comunidade educativa,  acaba de recibir un premio  nacional.  Somos gañadores nos Premios á Innovación Educativa de SIMO Educación 2016,  na modalidade: MELLORES EXPERIENCIAS TIC, categoría: Mellor Proxecto TIC Audiovisual . Podes atopar o proxecto nesta páxina  http://luzbelos.wixsite.com/-superheroes Premio  Innovación Educativa de SIMO Educación 2016 Recollendo o Premio en SIMO FOTO  @centro.juanmaria Ligazóns sobre o proxecto    EDUCACIÓN 3.0  http://www.educaciontrespuntocero.com/convocatorias/ganadores-la-iv-edicion-los-premios-simo-educacion/39874.html INNOVACIÓN EDUCATIVA FUNDACIÓN TELEFÓNICA  https://innovacioneducativa.fundaciontelefonica.com/blog/2016/10/17/superheroes-y-superheroinas-alumnado-comunicando-concienciando-y-emocionando/ ...