No IES as BARXAS estamos colaborando coa canle de TV linguagalega TV desde o equipo de normalización lingüística , (coordinado pola nosa compañeira Iria Collazo ) e desde a plástica , porque sen dúbida unha das vantaxes do recurso audiovisual no aula é a DIFUSIÓN e pensamos aproveitala para promocionar a nosa lingua con toda a CREATIVIDADE que teñen os nosos nen@s de Moaña . O outro día estrearon a nosa queridísima MULLER LAMPREA , na canle 5"o vídeo no aula " Aproveito este blog para difundir esta canle de TV que enriquece ,informa e abre a mente . QUE É LINGUAGALEGA.TV? É un espazo creado por Acuarela Comunicación sll, para a divulgación e promoción da lingua galega. O marco legal, histórico e emotivo desta iniciativa susténtase na Lei de Normalización Lingüística de Galicia (1983), en cuxo preámbulo se di: “ A lingua é a maior e máis orixinal creación colectiva dos galegos, é a verdadeira forza espiritual que lle dá unidade interna á nosa com...