Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta PROXECTO INTERDISCIPLINAR

SOBRE CONTAMOS CON EMOTION

Este 21 de xaneiro no Medialab Prado de Madrid os coordinadores  de "Contamos con emotion"(Juan Carlos de Miguel e a que escribe) , estaremos a dar un taller  de narrativa dixital pola tarde na xornada "Colaborar para ensinar 2017" , pola mañá falaremos do  proxecto ,  esta é a presentación. View PROPUESTA DIDÁCTICA II  #LorcaConEMotion full version on Tackk Create your own customized Tackk page E aquí deixo a ligazón para inscribirse , somos xa máis de 80 profesores , animarvos a compartir connosco , as vosas experiencias en clave STOP MOTION  http://contamosconemotion.blogspot.com.es/search/label/INSCRIPCIÓN

MURAIS que CONTAN , " Lenda da Paralaia"

Lenda da Paralaia from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo . EDNL e Departamento de educación plástica do IES As Barxas Murales e animación 1º Bacharelato de DEBUXO ARTÍSTICO Voces alumnado da ESO do EDLN Obradoiro plásticasbarxas EDLN Lingua que traba Proxecto profesores: Brais Pérez e Luz Beloso Horror Music de Audionautix está sujeta a una licencia de Creative Commons Attribution (https://creativecommons.org/licenses/by/4.0/) Artista: http://audionautix.com/ LENDA DA PARALAIA (Recollida de Eugenio Freire Pérez. 44 anos. Colexio de Reíbón, 1986, e tirada do blogue Lendas de Moaña)

Educortos participa nunha mesa redonda virtual sobre narración dixital #EduNarraMooc

Este mércores 21 de Outubro  Educortos  participou nunha mesa redonda virtual sobre a "narración dixital",  xunto aos meus admirados :  Manuel Jesús Fernández, responsable do proxecto  "A Historia é Puro Teatro ", Juan Carlos de Miguel, con "O Son que Habito" , Ana Galindo de  "Palabras Azuis" .   O evento no Hangout  foi coordinado por Diego Ojeda , unha actividade dentro dun curso organizado polo INTEF e educaLAB para coñecer o uso educativo  da  NARRACIÓN DIXITAL , aquí  queda o vídeo da experiencia e unha ligazón ao BLOGUE do INTEF. Un pracer inmenso compartir  impresións cos meus queridos compañeiros  e sentir que  somos moitos os que cremos que outra educación é posible .

"ALICIA" e "O DÍA DA FESTA", creando efectos especiais

Alicia naceu dun guión de Iria Collazo, a nosa profe de galego .  Trátase da creación dun musical froito dun proxecto interdisciplinar  dos  departamentos de plástica e música.   O meu alumnado de 4º ESO tiña  que  dirixir  , rodar e montar o corto,  en música fixeron as cancións e os video clips .   O  reto foi conseguir que Alicia encollese ou medrase, caese por un túnel, ou falase cun mono nun póster…  Todo isto é posible grazas o croma . En canto ao "Día da festa", Os alumn@s de 4ºESO crearon unha curta inspirada no clásico dos 90, "El día de la Bestia" de Álex de la Iglesia, porque o noso cine é creativo, enxeñoso e de calidade . Uxía, inspirándose no guión,fixo unha reinterpretación do mesmo. O resultado foi unha comedia delirante e divertida.  Previo story board, os alumn@s gravaron e editaron , sendo sempre os protagonistas de todo o proceso creativo . Como fixemos os efectos ...

AFASTADOS, un proxecto interdisciplinar

Un proxecto interdisciplinar de filosofía e educación plástica do IES as Barxas Unha curta gravada, producida e editada polos alumn@s de educación plástica de 4ºESO, baseada nun guión de Brais Pérez, coa colaboración do profesor Fran Torrado e a FRANGONETA, así lle chaman os alumnos con agarimo á furgo de Fran. Participaron alumn@s de 3 ESO como extras , coa actuación estelar de Rubén ,Fran e Ariadna.  Destacar o labor da incansable Uxia Veleiro , que xa domina a arte da montaxe e  a fermosísima música "A latina" que despide o video, de  Jesús Andrés Tejada. Unha reflexión sobre a migración con moito que aportar. AFASTADOS from Edu Plástica on Vimeo .

III FESTIVAL AUDIOVISUAL NO IES AS BARXAS

  Este xoves foi o III festival audiovisual no IES AS BARXAS, recordemos que o 1º naceu con "THE BARXAS CLUB" , foi este pequeno grupo de alumn@s de 4ºESO, o que  iniciou este PROXECTO no que xa participa casi toda a comunidade educativa, profesores , comerciantes da vila , pais , etc. Ver o II festival : ENLACE Este ano en EDUCACIÓN PLÁSTICA , presentamos 4º CURTAS. 1º MALDITO ESPELLO: realizado polos alumna@s de 1º BACH de debuxo artístico no seu tempo libre, partindo dun guión de Rosa Mª Diaz Beloso.  A súa dedicación e esforzo viuse recompensado polos fortes aplausos do público. 2º  AFASTADOS :  realizado por los alumn@s de 4ºESO, un proxecto interdisciplinar de educación plástica co departamento de Filosofia (Brais). Unha peli muda con moito que contar. 3º O DÍA DA FESTA:  un remake do clásico dos 90 de Alex de la Iglesia "el día de la bestia".  Unha divertida comedia no que os alumna@s de 4º ESO experimentaron cos e...