Este xoves foi o III festival audiovisual no IES AS BARXAS, recordemos que o 1º naceu con "THE BARXAS CLUB", foi este pequeno grupo de alumn@s de 4ºESO, o que iniciou este PROXECTO no que xa participa casi toda a comunidade educativa, profesores , comerciantes da vila , pais , etc.
Ver o II festival :ENLACE Este ano en EDUCACIÓN PLÁSTICA, presentamos 4º CURTAS. 1º MALDITO ESPELLO:realizado polos alumna@s de 1º BACH de debuxo artístico no seu tempo libre, partindo dun guión de Rosa Mª Diaz Beloso. A súa dedicación e esforzo viuse recompensado polos fortes aplausos do público. 2º AFASTADOS: realizado por los alumn@s de 4ºESO, un proxecto interdisciplinar de educación plástica co departamento de Filosofia (Brais). Unha peli muda con moito que contar. 3º O DÍA DA FESTA: un remake do clásico dos 90 de Alex de la Iglesia "el día de la bestia". Unha divertida comedia no que os alumna@s de 4º ESO experimentaron cos efectos especiais e na que contamos coa fantástica interpretación de Pilo .
4º ALICIA: o musical do ano, baseado nun guión de Iria Collazo, a profe de Galego :). Un proxecto interdisciplinar no que traballamos co departamento de Música co alumnado de 4º ESO e 1ºBACH.
O proceso creativo no aula de plástica , nace co guión , pasa polo story board , pola etapa de gravación, coidando da luz , da composición , o encadre, os movementos de cámara, de escena, o punto de vista, sendo sempre o propio alumnado o que está detrás da cámara.
Pedindo os permisos necesarios para gravar na farmacia , nos comercios, á xente... Repetindo planos ata a saciedade, xa que á profe (eu) non lle parecían as máis adecuadas para darlle sentido á historia . Tan importante como o guión ou a propia rodaxe é a fase de edición ou montaxe da película. De nada serve conseguir unhas tomas marabillosas se logo á hora de editar os planos facémolo de forma inadecuada. Foron os propios alumn@s de Educación Plástica os que produciron, gravaron e editaron os 4 audiovisuais (agás os videoclips dos números musicais de Alicia, traballo desenvolvido na aula de música), tendo sempre en conta que este é o final dun proceso no que temos que pensar desde o principio . Un traballo de todo un curso, realizado en moitas tardes libres, un longo labor no que a coordinación foi a clave, resumido en dúas horas de festival .
Trátase de non limitar a creatividade, de guialos, de facilitar recursos de forma que os propios alumn@s sexan os protagonistas de todo , absolutamente TODO o proceso creativo , incluído este festival , que foi todo un ÉXITO.
PARABÉNS RAPACES¡¡
http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2013/06/20/ies-as-barxas-estrena-hoy/832254.html
|
Bo inicio de curso a todas e todos . Este ano vou ser a profesora de Debuxo artístico 2 bach, e Debuxo técnico en 2 Bacharelato , xunta ca Educación plástica, visual e audiovisual de 3ESO e expresión artística de 4 ESO, e o proxecto competencial de 2 ESO e 3 ESO. Aquí queda a páxina web onde vos irei comentando as Tarefas https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/inicio
Comentarios
Publicar un comentario