Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2016

Somos GAÑADORES nos Premios á Innovación Educativa de SIMO Educación 2016

 O proxecto audiovisual que realizamos  o ano pasado en Educación Plástica no IES as Barxas, e que implicou a gran parte da comunidade educativa,  acaba de recibir un premio  nacional.  Somos gañadores nos Premios á Innovación Educativa de SIMO Educación 2016,  na modalidade: MELLORES EXPERIENCIAS TIC, categoría: Mellor Proxecto TIC Audiovisual . Podes atopar o proxecto nesta páxina  http://luzbelos.wixsite.com/-superheroes Premio  Innovación Educativa de SIMO Educación 2016 Recollendo o Premio en SIMO FOTO  @centro.juanmaria Ligazóns sobre o proxecto    EDUCACIÓN 3.0  http://www.educaciontrespuntocero.com/convocatorias/ganadores-la-iv-edicion-los-premios-simo-educacion/39874.html INNOVACIÓN EDUCATIVA FUNDACIÓN TELEFÓNICA  https://innovacioneducativa.fundaciontelefonica.com/blog/2016/10/17/superheroes-y-superheroinas-alumnado-comunicando-concienciando-y-emocionando/   FARO DE VIGO        http://www.farodevigo.es/portada-o-morraz

Hoxe é o DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL

Hoxe é o día mundial da saúde mental , e quería compartir convosco esta curta. IRIS é un traballo realizado polo meu alumnado de 4º ESO de educación plástica  o ano pasado, dentro do proxecto  "superheroes e superheroínas " que pretende loitar contra o estigma , normalizar e incluír. Esta curta escrita, dirixida, editada e  producida por Nerea L. de Castro, divídese en escenas para explicar como Iris, a nosa protagonista, interpretada por Cynthia González, enfróntase a  esquizofrenia.   "Facer esta curta foi unha experiencia marabillosa, na que todos e todas aprendemos moito sobre esta enfermidade, unha experiencia que ademais nos axudou a coordinarnos e traballar en equipo." (Nerea Lareu) Neste proxecto  implicouse a Asociación DOA en Cangas prestando material para informarnos sobre a enfermidade, deixáronnos  gravar nas súas instalacións e a súa directora, Estrela, revisou o guión xunto á enfermeira especialista en saúde mental Rosa Díaz Beloso que o s