Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS

Somos finalistas no Rewind Festival

BOAS NOTICIAS ¡¡ Cabelos de batalla  e Ariadna quere ser Teseo , curtas de 4º ESO,  foron seleccionados como finalistas n o  " festival de curtametraxes internacional de Vilanova do Camí   para ser proxectados no Rewind Festival , das catro curtametraxes finalistas a nivel nacional, duas son obras do noso alumnado do IES As Barxas. Un xurado composto por profesionais da comunicación considera que as curtametraxes dos nen@s das Barxas reúnen a suficient e calidade para competir xunto outros traballos nas categoría de "Jovenes Promesas; Institutos o Directores Amateurs". http://www.rewindfestival.es/programa/curts-competicio-joves-promeses/ CABELOS DE BATALLA from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo . Cabelos de batalla  ,Educar como compromiso coa vida, proxecto : " Superheroes e superheroínas" MELLOR CURTAMETRAXE DE ESCOLA no "FICBUEU 2016"    Un traballo das alumnas e alumnos de  4º ESO de  Educación Plástica do IES As...

PREMIO para o PROXECTO SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS

O noso proxecto "superheroes e superheroinas"   http://luzbelos.wixsite.com/-superheroes  PREMIADO pola fundación GSD Innova ¡¡ http://www.gsdinnova.com/?page_id=877   https://youtu.be/VzjUmYiJi6w PRIMERA MENCIÓN HONORÍFICA: “CARANGUEXO FILMS”: “SUPERHÉROES Y SUPERHEROÍNAS” CENTRO: IES AS BARXAS, (MOAÑA, PONTEVEDRA) O xurado destaca neste proxecto o desenvolvemento das capacidades persoais e profesionais do alumnado a través da creación audiovisual en todas as etapas e abordando temas de gran calado social como son a transexualidad, a violencia de xénero, as enfermidades mentais,  traducíndose en vídeos de gran calidade e impacto. Esta é a PRESENTACIÓN do PROXECTO SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS , que imos levar mañá a Madrid os  do IES as Barxas, na entrega de premios   GSD Innova  http://www.farodevigo.es/galicia/2016/12/14/mencion-honor-instituto-moana/1588342.html

A nosa experiencia "Superheroes & superheroínas " en " ESCUELAS en RED "

Comparto a  2º parte do precioso artigo de   Rodrigo Juan García  na edición dixital do  Blogue do País "Escuelas en Red", sobre a nosa experiencia " Superheroes & superheroínas " .   Moitísimas grazas Rodrigo unha vez máis por visibilizar a arte na educación . http://blogs.elpais.com/escuelas-en-red/2016/11/encentros-educación-plástica.html   VER LIGAZÓNS Los superhéroes no están en ‘Marvel ’  por   Rodrigo J. García  Primera entrega:  Superhéroes y Superheroínas anónimos  :  http://blogs.elpais.com/escuelas-en-red/2016/11/superheroes-en-el-instituto-moaña.html El compromiso del arte  p or:   Rodrigo J. García   Parte I: ‘ Maldito espejo… ’   http://blogs.elpais.com/escuelas-en-red/2015/02/el_compromiso_del_arte.html   +Arte   p or   Rodrigo J. García  Parte II: ‘ Recrear la belleza ’  http://blogs.elpais.com/escuelas-en-red/2015/02/mas_arte...

BETA #DiaMundialDaDiabetes

CARTEL Isabel Cascante e   Cynthia Gonzalez  Hoxe é o día mundial da diabetes e quero compartir convosco  esta curtametraxe escrita e dirixida pola  miña alumna Isabel Cascante , esta curta reflicte o debut na diabetes contado con moito humor . Segundo  palabras de ISABEL : "Con esta curta pretendiamos dúas cousas: Unha, era informar á xente sobre a diabetes  tipo 1 ou infantil que se confunde a miúdo coa diabetes tipo 2, a pesar de ser enfermidades moi distintas (a tipo 1 é autoimmune, a diabetes tipo 2 está ligada principalmente ao estilo de vida: sedentarismo, mala alimentación... Outro obxectivo era desdramatizar a situación, pódese levar unha vida plena a pesar de que ao principio poida supoñer algún inconveniente" Trátase dun proceso de aprendizaxe, superación e normalización, unha visión persoal que trata sobre todo de facer visible  a diabetes  tipo 1 , da que apenas se fala neste día . Beta from EduPlástica- Luz Belos...

"Superheroes e superheroínas" no Blogue do País "Escuelas en Red"

Comparto este marabilloso  artigo de Rodrigo J Garcia na edición dixital do Blogue do País "Escolas en Rede" sobre o proxecto "superheroes e superheroínas" http://blogs.elpais.com/escuelas-en-red/2016/11/superheroes-en-el-instituto-moaña.html Esta é a primeira parte , en quince días , a segunda. Grazas Rodrigo , por compartir tantas e tantas experiencias de aula , que demostran que  hai unha educación publica  que  temos que valorar e defender , unha educación pública marabillosa grazas aos docentes que habitan nela, eles son os meus superheroes e superheroínas .    #aArteIMPORTA,  e importa tamén a súa presenza na educación.

Somos GAÑADORES nos Premios á Innovación Educativa de SIMO Educación 2016

 O proxecto audiovisual que realizamos  o ano pasado en Educación Plástica no IES as Barxas, e que implicou a gran parte da comunidade educativa,  acaba de recibir un premio  nacional.  Somos gañadores nos Premios á Innovación Educativa de SIMO Educación 2016,  na modalidade: MELLORES EXPERIENCIAS TIC, categoría: Mellor Proxecto TIC Audiovisual . Podes atopar o proxecto nesta páxina  http://luzbelos.wixsite.com/-superheroes Premio  Innovación Educativa de SIMO Educación 2016 Recollendo o Premio en SIMO FOTO  @centro.juanmaria Ligazóns sobre o proxecto    EDUCACIÓN 3.0  http://www.educaciontrespuntocero.com/convocatorias/ganadores-la-iv-edicion-los-premios-simo-educacion/39874.html INNOVACIÓN EDUCATIVA FUNDACIÓN TELEFÓNICA  https://innovacioneducativa.fundaciontelefonica.com/blog/2016/10/17/superheroes-y-superheroinas-alumnado-comunicando-concienciando-y-emocionando/ ...

Hoxe é o DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL

Hoxe é o día mundial da saúde mental , e quería compartir convosco esta curta. IRIS é un traballo realizado polo meu alumnado de 4º ESO de educación plástica  o ano pasado, dentro do proxecto  "superheroes e superheroínas " que pretende loitar contra o estigma , normalizar e incluír. Esta curta escrita, dirixida, editada e  producida por Nerea L. de Castro, divídese en escenas para explicar como Iris, a nosa protagonista, interpretada por Cynthia González, enfróntase a  esquizofrenia.   "Facer esta curta foi unha experiencia marabillosa, na que todos e todas aprendemos moito sobre esta enfermidade, unha experiencia que ademais nos axudou a coordinarnos e traballar en equipo." (Nerea Lareu) Neste proxecto  implicouse a Asociación DOA en Cangas prestando material para informarnos sobre a enfermidade, deixáronnos  gravar nas súas instalacións e a súa directora, Estrela, revisou o guión xunto á enfermeira especialista en saúde mental ...

"Cabelos de batalla" Mellor curtametraxe de escola no FICBUEU 2016

A nosa curta animada  ' Cabelos de batalla'  que trata sobre a dura loita contra o cancro infantil,  realizada polos  alumnos e alumnas de 4ºESO:  Nerea Rosales,  Manuel Escudeiro, Daniel Blanco, Lucía Freire, Diego Costa e  Iria Portela      en  Educación Plástica  e Visual  para o proxecto SUPERHEROES &SUPERHEROÍNAS ,  con poema do escritor  Miguel Ángel Alonso Diz  e voz de  Inés Padín  , acaba  de recibir  o   premio    a "mellor curtametraxe de escola  " do  prestixioso festival FICBUEU 2016.  No IES as Barxas non podemos estar máis  felices, grazas. Manuel Escudeiro,  Nerea Rosales ,  Iria Portela,  Lucía Freire,  Daniel Blanco e  Diego Costa . NO FARO  http://ocio.farodevigo.es/cine/noticias/nws-530149-el-fic-bueu-clausura-su-novena-edicion-mas-4000-espectadores.html BOTÓNS DE AULA ...

Seleccionados no festival de CURTAS na ESCOLA do FIC BUEU

A curtametraxe LATEXOS realizada polos meus alumno@s de 3 ESO e  a curta dos alumn@s de 4º ESO “CABELOS DE BATALLA”  de Educación Plástica do IES as Barxas,  ambas as dúas cun poema  de  Miguel Ángel Alonso Diz ,  son finalistas na sección de CURTAS DE ESCOLA no  FIC BUEU   A proxección de curtas e a selección de curta gañadora celebrarase o vindeiro domingo 18 de setembro ás 18:00h no Centro Social do Mar de Bueu. LATEXOS from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo .   CABELOS DE BATALLA from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo .

VI FESTIVAL AUDIOVISUAL AS BARXAS, Superheroes e superheroínas

Este ano o noso proxecto audiovisual enfócase nos superheroes e nas superheroínas. Pero que son para nós os superheroes? Cito un fragmento do guión da " A muller Lamprea ", escrito un ano máis pola compañeira e escritora Iria Collazo. "Os heroes e heroínas non sempre forman parte de lendas. Constrúense cada día. Todos podemos ser heroes e heroínas" ​  Os nosos superheroes   estan á fronte de batallas moi duras , esta é a nosa homenaxe a todos eles,  tratando   temas como: o bulling ,a transexualidade ,a saúde mental, o cancro, ou os malos tratos .  No proxecto colaboraron  profesores , profesoras  , pais ,nais ,irmás e irmáns, alumnos e alumnas doutros cursos, a asociación DOA de Cangas , músicos como Jorge Vidal e a  música asturiana "A Ziega ", escritores como Isabel Blanco e Miguel Ángel Alonso Diz, o Psicólogo Isaac Figueroa Piñeiro ,o Gabinete Olga, Ana Fernández  e a enfermeira especialista en s...

VI FESTIVAL AUDIOVISUAL AS BARXAS 8/06/2016

Xa estamos no VI Festival Audiovisual, e  estades  todos convidados  este 8  de xuño ás 6 da tarde no salón de actos do IES as Barxas. Este proxecto naceu dunha forma espontánea, ante o interese do meu alumnado polo audiovisual, nunca imaxinei que iamos continuar 6 anos máis. Nel participan , compañeiros , compañeiras ,nais, pais ,irmás e irmáns, alumnos e alumnas doutros cursos, a asociación DOA de Cangas , músicos como Jorge Vidal Igrexas e "A  Ziega ", escritores como Isabel e Miguel o Psicólogo Isaac Figueroa Piñeiro , o  Gabinete Olga, Ana Fernández Juncal e   a enfermeira Rosa Diaz Beloso (espero non esquecer a ninguén) , mil grazas a todos pola vosa colaboración e axuda. Como novidade teremos catro animacións , dúas delas realizadas coa laboriosa técnica da rotoscopia ,debuxando un a un os frames en papel vexetal . En total son once proxectos audiovisuais , todos eles tocados cun mesmo tema "SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS"...

VI FESTIVAL AUDIOVISUAL AS BARXAS 8/06/2016

Xa estamos no VI Festival Audiovisual, e  estades  todos convidados  este 8  de xuño ás 6 da tarde no salón de actos do IES as Barxas. Este proxecto naceu dunha forma espontánea, ante o interese do meu alumnado polo audiovisual, nunca imaxinei que iamos continuar 6 anos máis. Nel participan , compañeiros , compañeiras ,nais, pais ,irmás e irmáns, alumnos e alumnas doutros cursos, a asociación DOA de Cangas , músicos como Jorge Vidal Igrexas e "A  Ziega ", escritores como Isabel e Miguel o Psicólogo Isaac Figueroa Piñeiro , o  Gabinete Olga, Ana Fernández Juncal e   a enfermeira Rosa Diaz Beloso (espero non esquecer a ninguén) , mil grazas a todos pola vosa colaboración e axuda. Como novidade teremos catro animacións , dúas delas realizadas coa laboriosa técnica da rotoscopia ,debuxando un a un os frames en papel vexetal . En total son once proxectos audiovisuais , todos eles tocados cun mesmo tema "SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS"...