Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2012

Felicitación de Nadal BiblioBernardino

Este trimestre o grupo de  artistas  que acode todos os recreos ao obradoiro que temos  no aula de plástica, creou esta felicitación de Nadal para a nosa biblioBernadino, unha biblioteca que creceu connosco e que pouco a pouco converteuse nun dos lugares máis acolledores e visitados do noso  IES as Barxas .     BiblioBernardino   nunca descansa, nin o seu trasgo , un trasgo que cobra vida nos debuxos dos meus alumn@s, e percorre os corredores do centro ata converterse nunha árbore do Nadal , esta animación foi debuxada sobre papel vexetal , sobre un ipad e un encerado . Unha mestura que espero gústevos,  BO NADAL a tod@s BO NADAL II

Os do Audiovisual as BARXAS no CULTURGAL

Os do Audiovisual as BARXAS contamos a nosa experiencia no CULTURGAL , este é un resumo de como o vivimos. Esta filmado pola reporteira máis dicharachera das Barxas , Pilo (asbarxasemprende), tamén podemos ver a   Veronica (BiblioBernardino), Vero   a nosa eterna e querida PT, Daniel Mejuto, Seso (músicasbarxas) e eu mesma. Atopamos vellos e novos amigos , Violeta e Carmen do Rodeira , co poeta Miguel Angel Alonso, Manoli e a lindísima Esther. Coñecimos e compartimos proxectos na mesa do culturgal cos  representantes do Xabarín 18 , aprendimos  do traballo audiovisual do profesor de Ferrol , Manolo González e o seu canal   de CLIP HISTORIA . Inspirounos   Susana Vázquez   cos   novos proxectos de educa BARRIE. Quizais, e froito dos nervios, ou o pouco tempo para compartir experiencias, faltoume dicir que cando traballas co recurso audiovisual, fomentas o traballo en equipo, a coordinación e o bo rolo entre os rapaces, e sobre todo a interdisciplinariedade.