Este curso en 4º da ESO o alumnado de Plástica realizou 7 CURTAS cun nexo común, todas parten dunha obra de ARTE, a partir da cal desenvolveron unha historia de transcendencia social. Ademais contamos cunha nova sección no FESTIVAL AUDIOVISUAL: " ANIMACIÓN para CONCIENCIAR" . Porque a animación é ARTE en MOVEMENTO que serve para imaxinar, crear mundos posibles ou imposibles, expresar, concienciar e este ano en concreto para reflexionar sobre a doazón de órganos ou os hábitos pouco saudables, como o do tabaco. Estas creacións son froito do traballo do alumnado nas novas materias creadas este curso no IES as Barxas: 1º BACH con IMAXE EN MOVEMENTO e ANIMACIÓN para 2º BACH. As ganas de seguir aprendendo, motivando, emocionando e revolucionando desde a creatividade son o noso motor. O proxecto AUDIOVISUAL “CARANGUEXO FILMS” parte da área de Educación Plástica e Audiovisual do IES as Barxas e implica a toda a nosa comunidade educativa. Naceu non só co ...
SOMOS CINE & EDUCACIÓN