O IES as Barxas ten dentro das súas prácticas educativas coordinadas polo equipo da biblioteca e incluídas no seu Proxecto Lector de Centro a "hora de ler" , trátase dun tempo mínimo, dedicado á lectura, unha hora á semana nas nosas aulas dedicámolo a ler. En educación plástica realizamos este "video-poema" na nosa “hora de ler”, recitamos o poema de celso Emilio, e o resultado é unha mestura de música , voces e animaciones sobre un muro, coma se fose un mural " street -art" . A Vídeo creación poética na que as imaxes, a música e a voz desprenden sensacións e emocións é un proxecto comezado no aula de plástica o ano pasado dunha forma experimental , onde mesturamos a linguaxe audiovisual, a edición e a creación de videos ou animacións co acto da ler. O feito de gravar a lectura , sérvenos para prestar máis atención ao que se le, e que sexa o mesmo poema para todo o grupo dálle máis forza, transmitindo así unha maior carga emocion...