Saltar ao contido principal

E TI COMO LIGAS EN GALEGO? -IES as Barxas





Este xoves chamáronnos do Ies a Cachada para informarnos do seu novo proxecto "Amores prohibidos 2.0" un experimento teatral que trata de contar unha historia a través das redes sociais.

Cun título tan suxestivo e provocador , no noso centro só puidemos facer unha cousa , namorarnos del, e así foi como unha vez máis os prof@s do meu instituto decidimos liarnos a manta á cabeza , e contra todo prognóstico (pouco tempo para planificar , gravar e editar un vídeo ), puxémonos a traballar e sacamos á luz  a nova modalidade e estilo de curtos , o vídeo "estresexpres ".
AMORES PROHIBIDOS 2.0 será unha obra de teatro virtual; unha versión do clásico Romeo e Xulieta, de Shakespeare, na que os protagonistas serán Xulieta (filla de militantes defensores do galego) e Romeo (cuxos pais serán defensores do castelán).
Este  novo traballo colaborativo e interdiscilpinar do audiovisual as Barxas divídese en dous partes : 


A primeira é unha adaptación dun fragmento da obra "soños dun seductor" de Woody Allen ,neste curto Humphrey intenta convencer a Allan cos seus métodos un tanto caducos e agresivos de como ligar 

 Os alumn@s ,Gael , David e Jennifer  primeiro ven o vídeo e despois  improvisan a interpretación , en tres horas pola tarde rodamos todo.  Algún vía a Humphrey Bogart por primeira vez na súa vida.

A segunda , é un documental de gran valor informativo , xa que para ligar (por suposto en galego ) , auténticos expertos na materia falan sobre iso, e isto promete continuar..
Estade atentos o tema musical,  interpretado por Vero a nosa PT e Pilo , gravado e editado por Seso Durán , temos a certeza de que vai ser o novo éxito deste verán.
Vero ten unha mostra de relatos dos seus alumn@s sobre como ligan eles en GALEGO :ver ENLACE


Podes seguir o proxecto AMORES PROHIBIDOS en:
-A través do web http://redenasa.tv
-A través da conta de Facebook: www.facebook.com/redenasa
-A través do usuario de Twitter: @redenasa
-Buscando no Tuenti ao usuario Xespir
Podes participar na conversa e enviar material:
-Deixando comentarios no microsite dedicado ao proxecto a través de http://redenasa.tv
-Engadíndolle o hashtag #amoresprohibidos20 ás mensaxes de Twitter dirixidas ao proxecto.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

CURSO 2025/26

🎨✨  Benvidas e benvidos ao novo curso de Plástica!  ✨🎨 Aquí atoparedes a nosa pequena ventá creativa: a páxina web onde irei compartindo co vós as  tarefas, actividades e novidades  ao longo do ano. Este espazo será o noso caderno colectivo: un lugar para  experimentar, aprender, probar, equivocarse e volver intentar. Bo inicio de curso a todas e todos, e que a creatividade nos acompañe! https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/inici o

CEFORE 2025 360 º -ROTOSCOPIA

Animando a nosa contorna  I : https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/3-eso/3-avaliaci%C3%B3n/animando-as-barxas?authuser=0  Rotoscopia PENCIL 2D II https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/3-eso/3-avaliaci%C3%B3n/animaci%C3%B3n-pencil-2d PROXECTO CURTAS 360  https://sites.google.com/view/curtas360/inicio?authuser=0 BARXAS 360  https://sites.google.com/view/artes360/inicio?authuser=0

"Cabelos de batalla" Mellor curtametraxe de escola no FICBUEU 2016

A nosa curta animada  ' Cabelos de batalla'  que trata sobre a dura loita contra o cancro infantil,  realizada polos  alumnos e alumnas de 4ºESO:  Nerea Rosales,  Manuel Escudeiro, Daniel Blanco, Lucía Freire, Diego Costa e  Iria Portela      en  Educación Plástica  e Visual  para o proxecto SUPERHEROES &SUPERHEROÍNAS ,  con poema do escritor  Miguel Ángel Alonso Diz  e voz de  Inés Padín  , acaba  de recibir  o   premio    a "mellor curtametraxe de escola  " do  prestixioso festival FICBUEU 2016.  No IES as Barxas non podemos estar máis  felices, grazas. Manuel Escudeiro,  Nerea Rosales ,  Iria Portela,  Lucía Freire,  Daniel Blanco e  Diego Costa . NO FARO  http://ocio.farodevigo.es/cine/noticias/nws-530149-el-fic-bueu-clausura-su-novena-edicion-mas-4000-espectadores.html BOTÓNS DE AULA ...