Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2011

salvar un libro en GALEGO, A MULLER DE ALZHEIMER, Francisco Castro

Dentro das aulas do IES as Barxas o audiovisual empeza a ser xa un recurso imprescindible . Este precioso vídeo xurdido do corazón da biblioteca do noso IES  , é obra de ASUN  (do departamento de  Lingua e Literatura castelá e coordinadora do equipo da biblioteca )  e dos seus alumnos de 2º da ESO. O que empezou sendo unha lectura no patio do noso centro, rematou sendo toda unha experiencia onde, os nenos aprenderon algo máis que a salvar un libro, aprenderon toda unha lección de vida,  eles e nós.  E como dí o náufrago na súa canción " É que o realmente importante non vén nos libros de texto" O fermoso poema é de FRANCISCO CASTRO ( Escritor do que xa somos ferventes admirador@s) A MULLER DE ALZHEIMER , blog do escritor IVOOX FRANCISCO CASTR O O ESCRITOR FRANCISCO  CASTRO FALA DO  VIDEO, FACEDE CLIK NO  ENLACE Grazas Náufrago :)) Na entrada do facebook deste artigo de Francisco Castro, alguén compartiu connosco este fermoso vídeo , ENLACE  ,  é o  Curtam

NUESTROS CORTOS-ADMA de Rubén Pose, 1ºESO C

Animación creada por Rubén Pose , de 1º ESO C do IES as Barxas, está realizada co 3d studio max ,para o proxecto comenius ADMA " son actor do meu futuro"

NUESTROS CORTOS-Salvar un libro ,Os xoguetes esquecidos .4º ESO

"Durante as longas tardes dos domingos, na época estival, era moi doado escoitar un troupeleo de rapazolos na costa dun camiño. Alí había berros, pelexas, choutos violentos, golpes,.. máis tamén risas, amizade, un buligar de camaradas capaces de romperen a testa contra o chan ou escordaren un nocello e viren á noite para as súas casas suorentos e cansos, máis vencellados polos pescozos coma se fosen parellas de rubios bois condenados a se entender despois de araren todo o día.
Eran estes sinais ou indicios dabondo como para saber que alí se estaban a celebrar competicións de carrilanas. Sempre escollían un camiño costento e con algunha curva pouca doada a dar, para imprimirlle máis emoción á baixada... " Os xoguetes esquecidos Xosé López Gonzaléz e Xosé Manuel García Stop motion dos nen@s de 4ºESO do IES as Barxas Plasticando na biblioteca

NUESTROS CORTOS-SALVAR UN LIBRO,CHAMÁDAME SIMBAD DE FRANCISCO CASTRO,1º ESO

Preto de sesenta nen@s póñense de acordo para s alvar un libro  en galego ;CHAMÁDEME SIMBAD de Francisco Castro ,   obra na que un avó e o seu neto se achegan ata mostrar unha complicidade que supera a enfermidade do Alzheimer . "O avó fai cousas raras. Esquécese de todo. Cámbialle o nome a todo o mundo. Incluso ao seu neto. Que se chama Paulo, pero que para o avó é Simbad o Mariñeiro. As cadeiras son barcos e os piratas rodéanos por todas partes. E hai filibusteiros inimigos alí onde mires. Os adultos, coa súa mirada de adultos, non poden entender nada. Pero Paulo sí que comprende o avó. Porque é un neno con mirada de neno. El é o único que o entende. El é o único que, cando as cousas se poñan feas, vai saber como actuar. Paulo, ou Simbad o Mariñeiro, tanto ten, loitará contra a enfermidade do avó, contra dos adultos e, sobre todo, contra do egoísmo " . Este é o vídeo no que os alumnos de 1º ESO D e C do noso IES len unha parte do relato. Vede o enlace da  páxina do aut