Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta CARANGUEXO FILMS

11 anos de CARANGUEXO FILMS no IES AS BARXAS

  11 anos de CARANGUEXO  FILMS no IES AS BARXAS Este 21 de xuño ás 17:00 horas terá lugar a gran estrea de curtametraxes realizados durante todo o curso polo alumnado de educación plástica no salón de actos do IES AS BARXAS. Trátase dun festival de curtas que reúne o proxecto do alumnado de 4º da ESO, que este ano traballou co tema da empatía. Na materia de educación plástica, incorporouse o uso do audiovisual na programación anual, realizando tanto análise como produtos audiovisuais como animacións, curtametraxes e videocreacións. Todo isto traballouse en colaboración co departamento de Galego para corrixir guións , ou ecónomia para ayudarnos a  organizar o festival audiovisual . Contamos cunha produción de máis de 60 minutos de curtas e animacións sobre temas como as violencias machistas, a saúde mental, o bullying, a poesía, todas inspiradas na realidad e social na que vivimos e o que llegan preocupa ao nos alumnado.   Proxectaremos   curtas premia...

NAS BARXAS " SOMOS CINE"

DEIXO AQUI A LIGAZÓN A TRES PROXECTOS AUDIOVISUAIS NOS QUE ANDAMOS ENREDAD@S NAS  BARXAS PROXECTO INTERCENTROS AUDIOVISUAL AI Mo.S.A 2022  co ALUMNADO 4 ESO, 1 ESO  VER LIGAZÓN :  https://sites.google.com/view/aimosa/ai-mo-s-a-2022 PROXECTO CARANGUEXO FILMS 2022:   Marea de curtas, marea de vidas  Despóis de dous anos de parón no IES AS BARXAS , teremos de novo un FESTIVAL DE CURTAS , un proxecto do alumnado de 4 da ESO, que este ano traballou a linguaxe audiovisual na aula de plástica, nesta materia levamos anos incorporando o uso do audiovisual na nosa programación anual, realizando tanto a análise desta linguaxe como realizando produtos audiovisuais , desde animacións , curtametraxes e vídeo creacións. Todos eles traballados en colaboración co departamento de Galego .e Música .  Contamos cunha produción de mais de 28 curtas e animacións , con temas como o Alzheimer , visibilizar a saúde mental, o bullying , a poesia , a soidade, a guerra, as mascul...

PERSOA e TRÁNSito

O exalumno Hugo Ferreiro González visitou a comezo de curso a aula de plástica para compartir e aprender. Grazas a el puxemos a mirada na realidade TRANS e sentimos a necesidade de visibilizar, compartir, e educar para educarnos, traballando na diversidade para a igualdade e loitando sempre polo dereito a SER Este ano o festival audiovisual  "Caranguexo Films" vai ser diferente, estrearanse os proxectos paralelamente no salón de actos para o noso alumnado do IES  as  Barxas, e para todo aquel que queira velo  online nas ligazóns de  you tube que deixo  aquí.  https://www.youtube.com/playlist?list=PLHSljiEP5S0jay4m26P2qr03ZhkRXwpnT Para un dos proxectos "TRÁNSito "  contamos ca Música orixinal do Conservatorio  Superior de Música de Vigo "Persoa" , é unha curta baseado nas propias experiencias de Hugo Ferreiro , reinterpretado polo alumnado de 4 ESO. ALUMNADO de PLÁSTICA as BARXAS de 4º ESO C Guión : ...

"SOMOS A NOSA MEMORIA " NO CONCELLO DE MOAÑA

Este mércores ás 8 da tarde no concello MOAÑA temos unha cita  ;) Proxectaranse traballos do alumnado de plástica do IES as Barxas : " Eu serei a túa memoria", realizado en colaboración coa Asociación de familiares de enfermos de Alzhéimer  Afamo Morrazo ); " Ou todos ou ningún", sobre a problemática do estaleiro Ascón, no que se entrevista a un dos líderes sindicais daquela época,  Manuel Currás Meira  , "1936" e " Forten", no que o alumnado do instituto son protagonistas d a guerra, así como tamén María do Carmen García, que conta unha historia real que o alumnado levou á pantalla. Por último, proxectarase " Teño medo ás palabras", ao redor dun poema de   Miguel Ángel Alonso Diz  . Esta última curta leva ilustracións baseadas nos debuxos de Castelao. MIL Grazas á Agrupación Nós e ao concello de Moaña.  # somoscine # caranguexofilms   # cineyeducación   FONTE : Faro de Vigo https://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2018/12...

PREMIO NO OUFF ESCOLA

A curta " ou todos ou ningún" dirixido polo alumno Angel Currás que está dentro do proxecto " Caranguexo Films " proxecto do alumnado de Educación Plástica de 4º da ESO conseguiu un Premio Mención de Honra no Certamen OUFF ESCOLA PARABÉNS A TODXS¡¡ Equipo de rodaxe

SOMOS A NOSA MEMORIA

Xa temos a WEB co proxecto Audiovisual as Barxas "Somos a nosa memoria "¡¡¡ con 11 curtas...e aínda falta por subir "a muller Lamprea"..en proceso estamos. En Educación Plástica cada novo curso traballamos creando distintos produtos audiovisuais que viran sempre ao redor dun tema. A motivación deste ano é "A MEMORIA”; trátase de guións realizados partindo dos recordos e a memoria dos nosos avós e avoas de Moaña. A memoria conéctanos cas vivencias da alma, cos cimentos do noso día a  día. Este evento é unha homenaxe a todas e todos eles.   https://luzbelos.wixsite.com/somosanosamemoria     # SOMOSCINE   # cineyeducación   # caranguexoFilms https://luzbelos.wixsite.com/somosanosamemoria Das 12 curtametraxes vou deixar estas dúas, o resto pódense ver entrando na web , xunto co making , o vídeo do festival e a galería de imaxes, ademais dunha explicación do proceso deste proxecto. Un proxecto no que levamos traballando todo este curso en 4...

VIII FESTIVAL AS BARXAS "Somos a nosa memoria"

Desde hai 8 anos, en Educación Plástica no IES as BARXAS traballamos creando distintos produtos audiovisuais que viran sempre ao redor dun tema. A motivación deste ano é "A MEMORIA”; trátase de guións realizados partindo dos recordos e a memoria dos nosos avós e avoas de Moaña. A memoria conéctanos cas vivencias da alma, cos cimentos do noso día a día. Este evento é unha homenaxe a todas e todos eles. A nosa produtora audiovisual ( Caranguexo Films), na que xa parti cipa toda a comunidade educativa, culmina cun festival audiovisual no que se estrean este ano 12 curtas e animacións, producidas, gravadas e editadas polo alumnado. Como novidade contaremos de agora en diante cunha nova sección,  # somosVioleta  que consiste en “3 curtametraxes que loitan contra as violencias Machistas". Todos os traballos desta sección están realizados, gravados e editados exclusivamente co móbil . As curtas que se van proxectar son: "FORTEM "  Algúns actos de ...

PREMIO por "teño medo as palabras" no Festival Audiovisual "O Museo de Pontevedra en curtametraxes

Noticia ¡¡¡¡¡¡, onte o meu alumnado de 3 ESO de Educación Plástica Visual e Audiovisual , recibiu o segundo premio dotado con 1.000 euros, na categoría alevín, no I Festival "O Museo de Pontevedra en curtametraxes", cuxos galardóns entregáronse onte en Pontrevedra, coa animación " Teño medo as palabras". que dá vida ao marabilloso poema do gran escritor e poeta   Miguel Ángel Alonso Diz  , e que poderedes ver no noso xa VIII Festival Audiovisual  # CaranguexoFilms  , na sección "Animación para concienciar " ca serie "MIGRANTES "  # somoscine # cineyeducación   # asFronteirasMatan   # LasFronterasMatan http://www.farodevigo.es/…/ies-as-barxas-segun…/1848077.html .

+ ARTE no VII FESTIVAL AUDIOVISUAL AS BARXAS

Este curso en 4º da ESO o alumnado de Plástica realizou 7 CURTAS cun nexo común, todas parten dunha obra de ARTE, a partir da cal desenvolveron unha historia de transcendencia social. ​ ​​  Ademais contamos cunha nova sección no FESTIVAL AUDIOVISUAL: " ANIMACIÓN para CONCIENCIAR" . Porque a animación é ARTE en MOVEMENTO que serve para imaxinar, crear mundos posibles ou imposibles, expresar, concienciar e este ano en concreto para reflexionar sobre a doazón de órganos ou os hábitos pouco saudables, como o do tabaco. Estas creacións son froito do traballo do alumnado nas novas materias creadas este curso no IES as Barxas: 1º BACH con IMAXE EN MOVEMENTO e ANIMACIÓN para 2º BACH. ​​As ganas de seguir aprendendo, motivando, emocionando e revolucionando desde a creatividade son o noso motor. ​   O proxecto AUDIOVISUAL “CARANGUEXO FILMS” parte da área de Educación Plástica e Audiovisual do IES as Barxas e implica a toda a nosa comunidade educativa. Naceu non só co ...

Banco de sons

Banco de sons con máis de 50 tracks creados polo alumnado de 4º ESO de Educación Plástica para utilizalos no seu proxecto audiovisual , a creación de recursos libres de dereitos forma parte do proceso creativo na elaboración das suas curtas.

NAUFRAXIO

Xa empezamos a rodar o noso proxecto audiovisual  en 4º ESO , non sen antes preparalo todo.  Aquí quédavos a elaboración dun trípode para móbiles  realizado para as panorámicas e os travelings  da nosa rodaxe , agora os movementos de cámara serán moito máis controlados. Antes de empezar con esta aventura tivemos que inventar un pouco, fixemos unha especie de trípodes móbiles.  O primeiro é unha especie de cadrado feito con tubos, sobresaen 3: un en vertical para o micrófono, e dous en horizontal para a Go-Prol e outro para o móbil onde ves a imaxe que se reproduce na Go-Prol. O segundo consta de dous tubos xuntos e encima destes vai unha base que se despraza, aí iría a cámara, Go-Prol ou móbil. Yago ,Alba, Luisni, Adri e Andrés de 4ºESO Educación Plástica Visual e Audiovisual Aquí deixamos a ligazón ao noso diario de RODAXE  NAUFRAXIO  https://caranguexofilms.blogspot.com.es/search/label/Naufragio   

"CINEMA E ARTE "

 Con máis de 6 anos de continuidade o AUDIOVISUAL as Barxas     enfoca este novo curso o  proxecto audiovisual   á ARTE  . "CINEMA E ARTE "  en 4º da ESO . Nunha primeira fase do proxecto empezaremos co estudo da linguaxe cinematográfica, planos, ángulos, encadre... Antes de realizar o noso proxecto debemos ser conscientes das nosas limitacións,  30  alumn@s , tres horas á semana,  necesitaremos usar o enxeño e aproveitar ao máximo os recursos que temos , son moitos alumnos e alumnas , e pouco tempo.  Rodar a golpe de timbre , non é doado.  QUE NECESITAMOS? Videocámaras Trípodes, m oi necesarios para unha maior calidade na composición dos planos. Micrófono Exterior , Direccional Alargo para conexión á rede  Tarxetas SD Focos  Ordenador Persoal   Tamén necesitaremos software para a edición de vídeo, efectos visuales, retoque fotográfico, un editor de son   Neste momento estamos coa e...