Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2018

"SOMOS A NOSA MEMORIA " NO CONCELLO DE MOAÑA

Este mércores ás 8 da tarde no concello MOAÑA temos unha cita  ;) Proxectaranse traballos do alumnado de plástica do IES as Barxas : " Eu serei a túa memoria", realizado en colaboración coa Asociación de familiares de enfermos de Alzhéimer  Afamo Morrazo ); " Ou todos ou ningún", sobre a problemática do estaleiro Ascón, no que se entrevista a un dos líderes sindicais daquela época,  Manuel Currás Meira  , "1936" e " Forten", no que o alumnado do instituto son protagonistas d a guerra, así como tamén María do Carmen García, que conta unha historia real que o alumnado levou á pantalla. Por último, proxectarase " Teño medo ás palabras", ao redor dun poema de   Miguel Ángel Alonso Diz  . Esta última curta leva ilustracións baseadas nos debuxos de Castelao. MIL Grazas á Agrupación Nós e ao concello de Moaña.  # somoscine # caranguexofilms   # cineyeducación   FONTE : Faro de Vigo https://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2018/12

PREMIO NO OUFF ESCOLA

A curta " ou todos ou ningún" dirixido polo alumno Angel Currás que está dentro do proxecto " Caranguexo Films " proxecto do alumnado de Educación Plástica de 4º da ESO conseguiu un Premio Mención de Honra no Certamen OUFF ESCOLA PARABÉNS A TODXS¡¡ Equipo de rodaxe