Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2017

PREMIADOS NO FESTIVAL ESCOLAR GALEGO, OLLOBOI

Un capitulo máis da saga " A muller Lamprea " foi premiado co nomeamento ao mellor guión no certame AUDIOVISUAL ESCOLAR OLLOBOI  http://olloboi.com , un proxecto que naceu fai sete anos xunto á miña compañeira  Iria Collazo , autora do guión " Ariadna quere ser Teseo"  Tratase  dunha curta realizada polo alumnado de 4º ESO de Educación Plástica Visual e Audiovisual  que este ano presentan un novo Cápitulo no que a muller Lamprea afirma que "Non pode negar a súa sorte " por vivir entre nós a pesar de....este 22 ás cinco da tarde teredes que vir para sabelo ;)  Momentos de moita emoción vividos no Festival de referencia OLLOBOI   con Lia (protagonista da curta) E FINALISTAS EN POLO MENOS CATRO TRABALLOS

PRIMEIRO PREMIO no concurso de curtametraxes sobre doazón e transplantes

Hoxe é o día do doante e os do IES as Barxas vimos de recoller o primeiro premio do concurso de curtametraxes sobre doazón e transplantes de órganos promovido pola Consellería de Sanidade . http://saladecomunicacion.sergas.es/Paginas/DetalleNova.aspx?idioma=ga&idNova=9098 A curta gañadora “Regala sorrisos salvando vidas” estréase este 22 ás 17:00 , xunto con outras animacións do obradoiro de animac ión as Barxas no Festival audiovisual. # AnimaciónparaConcienciar   # FestivalAudiovisualASBARXAS REGALA SORRISOS from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo . 1º PREMIO “V Concurso de curtametraxes” da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) Consellería de Sanidade Animación 1º BACH IES as BARXAS Andres Lorenzo Rodríguez-Guión e idea Xoán García García Cristian Santiago Piñeiro PROFESORA COORDINADORA Luz Beloso

FINALISTAS no certame INTERNACIONAL VIDEOMINUTO

"Bulliyng", OBRA de 1º Bacharelato de Animación do alumnado do IES As Barxas (Pontevedra, España) FINALISTA no certame INTERNACIONAL VIDEOMINUTO onde se presentaron 267 traballos dos que case o 59% son de procedencia española e o 41% restante, estranxeiras. As obras estranxeiras proceden de Argentina (11%), Bélgica, Brasil, Chile, Colombia, Cuba (3%), Ecuador, Eslovaquia, Eslovenia, Francia (2%), Grecia, Holanda, Hungría, India, Irán (7%), Italia, Malasia, México, Noruega, Pe rú, Polonia (4%), Portugal, Reino Unido, Rusia (3%), Siria, Suíza, Ucrania, Uruguay e Yemen. VER ENLACE : https://cultura.unizar.es/actividades/proyeccion-de-finalistas-y-premiados-del-xvi-certamen-internacional-videominuto