Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Xan Leira

Audiovisual as Barxas , PREMIO á mellor iniciativa TIC 2012 - EDUCACIÓN 3.0

GAÑADORES do  PREMIO A MELLOR INICIATIVA TIC 2012 en SECUNDARIA na REVISTA EDUCACIÓN 3.0 "Historias dun cuarto de baño" Unha experiencia educativa na que os meus alumn@s de educación plástica en 4º da ESO tiñan que crear o seu propio guión, un storyboard, así como dirixir e montar o seu propio curto.  A experiencia comezou co estudo dá linguaxe audiovisual e de como realizar un guión (o noso agradecemento a Xan Leira polas súas desinteresadas clases), este premio tamén é del e do profe de música Seso Durán , que editou as voces en off e é o responsable do tema "eu non son ti" que  naceu no Obradoiro Músicasbarxas , e de tod@s os  PROFES dás Barxas, que demostraron ser uns excelentes actores ; da nosa Vero PT , Francisco Torrado, Iria Collazo, Rubén, Pilo, Carlos, Goretti, Javier , Juan... Este recoñecemento é para todos vós e para os alumn@s que se implicaron de cheo no proxecto  , grazas pola vosa participación e o voso entusiasmo. ...

Valentín Paz- Andrade.‘Cen chaves de luz’, documental realizado polo director Xan Leira.

Este ano tivemos o privilexio e a sorte de que o director, produtor, guionista, ademais de profesor, escritor e editor Xan Leira dunha forma totalmente xenerosa ensinásenos como facer un guión  a os nen@s  de 4ºESO , el é o realizador deste documental, un percorrido pola vida do galeguista Valentín Paz-Andrade con motivo dá súa homenaxe no Día dás Letras Galegas. Nel participaron personaxes destacados dá literatura e cultura galegas, como Xosé Neira Vilas ou o presidente dá Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín. A locución e presentación: Jennifer Cancelas Rios. Alumna de 4º da ESO do noso IES as Barxas ,( es unha artista Jenny ¡¡) Animacións e ilustracións do poema "Catrivium dá Mapoula"  de V. Paz Andrade, made in Barxas tamén . Grazas Xan por contar connosco. VER ENLACE           VER NO CANLE LINGUA GALEGA TV

Obradoiro de comunicación audiovisual, Xan Leira

Este ano en 4º da ESO  temos a sorte de que o director e produtor de cine Xan Leira ,( responsable do canle Linguagalega.tv ) imparta en plástica un obradoiro de comunicación audiovisual , unha sorte que debemos aproveitar nen@s.  Este pdf é de Xan,( necesitádelo  para seguir o obradoiro)    Pódese descargar  aquí . Obradoiro de comunicación audiovisual View more documents from Edu Plástica PARA VER A CANLE DE TV , FAI CLICK NA IMAXE