Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta HISTORIAS DUN CUARTO DE BAÑO

Audiovisual as Barxas , PREMIO á mellor iniciativa TIC 2012 - EDUCACIÓN 3.0

GAÑADORES do  PREMIO A MELLOR INICIATIVA TIC 2012 en SECUNDARIA na REVISTA EDUCACIÓN 3.0 "Historias dun cuarto de baño" Unha experiencia educativa na que os meus alumn@s de educación plástica en 4º da ESO tiñan que crear o seu propio guión, un storyboard, así como dirixir e montar o seu propio curto.  A experiencia comezou co estudo dá linguaxe audiovisual e de como realizar un guión (o noso agradecemento a Xan Leira polas súas desinteresadas clases), este premio tamén é del e do profe de música Seso Durán , que editou as voces en off e é o responsable do tema "eu non son ti" que  naceu no Obradoiro Músicasbarxas , e de tod@s os  PROFES dás Barxas, que demostraron ser uns excelentes actores ; da nosa Vero PT , Francisco Torrado, Iria Collazo, Rubén, Pilo, Carlos, Goretti, Javier , Juan... Este recoñecemento é para todos vós e para os alumn@s que se implicaron de cheo no proxecto  , grazas pola vosa participación e o voso entusiasmo. ...

O II FESTIVAL DO AUDIOVISUAL AS BARXAS E " AS HISTORIAS DUN CUARTO DE BAÑO"

Este CURSO 2011-12 en plástica rodamos “historias dun cuarto de baño” , seis historias conectadas polo escenario dun cuarto de baño. O guión, a dirección e a montaxe son obra dos meus alumn@s de plástica, unha creación Barxas 100%. 4ºESO , CURSO 2011-12- OS CREADORES DE "HISTORIAS DUN CUARTO DE BAÑO" VER AS NOSAS HISTORIAS EN PINTEREST            E para aqueles que non puidestes vir ao festival (mala data por ser época de exames)deixámosvos 5 dos 6 curtos e o vídeo da cerimonia , todo un éxito .       O salón de actos das Barxas  completo, o público moi xeneroso cos alumn@s, non escatimou en aplausos .       Estreamos : A muller lamprea 1º ESO O Agasallo 1º BACH E 4ºESO coordinado polo profe de música Seso Durán  E estas Historias  que forman o mosaico da peli " historias dun cuarto de baño" de 4º ESO , case unha longametraxe de 75 minutos de duración, deixovós o enlace que v...

HISTORIAS DUN CUARTO DE BAÑO

TRAILER DE "HISTORIAS DUN CUARTO DE BAÑO" Este 20 de xu ñ o á s 6 da tarde estades todos invitados ao festival audiovisual do IES as Barxas ,no que poderemos ver curtos realizados polos alumn@s de pl á stica e m ú sica. Este 3º trimestre en pl á stica pasamos moitas tardes rodando a nosa peli “historias dun cuarto de ba ñ o” , a s seis historias est á n conectadas polo escenario dun cuarto de ba ñ o , cada unha delas toca distintos x é neros cinematogr á ficos.  O  gui ó n, a direcci ó n e a montaxe son   obra dos alumn@s de pl ástica , un traballo  moi completo , que vai desde o estudo do lenguaxe audiovisual, ao guión técnico, os ángulos da cámara, a rodaxe e a edición dun curto, fomenta o traballo en equipo, o bo rolo e o interdisciplinar. Como recurso, destacar a colaboraci ó n do director de cine Xan Leira que nos dedicou moitas horas de clases para ensinarnos a escribir un gui ó n cinematogr á fico. DESTACAR e AGRADECER a i...