Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta A MULLER LAMPREA

PREMIADOS NO FESTIVAL ESCOLAR GALEGO, OLLOBOI

Un capitulo máis da saga " A muller Lamprea " foi premiado co nomeamento ao mellor guión no certame AUDIOVISUAL ESCOLAR OLLOBOI  http://olloboi.com , un proxecto que naceu fai sete anos xunto á miña compañeira  Iria Collazo , autora do guión " Ariadna quere ser Teseo"  Tratase  dunha curta realizada polo alumnado de 4º ESO de Educación Plástica Visual e Audiovisual  que este ano presentan un novo Cápitulo no que a muller Lamprea afirma que "Non pode negar a súa sorte " por vivir entre nós a pesar de....este 22 ás cinco da tarde teredes que vir para sabelo ;)  Momentos de moita emoción vividos no Festival de referencia OLLOBOI   con Lia (protagonista da curta) E FINALISTAS EN POLO MENOS CATRO TRABALLOS

CARANGUEXO FILMS - proxecto audiovisual as BARXAS

O proxecto audiovisual as BARXAS ao  que os meus alumn@s bautizaron este curso co nome de  " Caranguexo   films" ,  ten xa a súa propia páxina web, onde poderemos ver as oito curtametraxes deste ano  incluído "O fantasma do maltrato", unha das curtas realizadas no proxecto "un artista na escola", con  Simón Vázquez  e que estreamos no festival .   http://luzbelos.wix.com/caranguexo-films A WEB tamén conta c o blog ou diario de bitácoras d@s alumn@s e as súas impresións do rodaxe, o  video  do festival, un  making   of  e fotos da experiencia. http://luzbelos.wix.com/caranguexo-films#!curtas/cfvg http://luzbelos.wix.com/caranguexo-films#!PRENSA/c1pbu/3

A MULLER LAMPREA premio de vídeo-creación

A nosa muller lamprea ten un novo PREMIO¡¡GAÑADORA na convocatoria    do concurso de VIDEO - CREACIÓN do Concello de Santiago de Compostela,  na categoria de secundaria obrigatoria. http://santiagodecompostela.org/hoxe/nova.php?id_nova=11444 A MULLER LAMPREA IV from EduPlástica on Vimeo . ANIMACIÓN feita polos alumn@s de 1º ESO de Educación Plástica do IES as BARXAS Guión e Voz :Miguel Ángel Alonso Díz Profesora:Luz Beloso PROXECTO " A MULLER LAMPREA"http://edu-plastica.blogspot.com.es/search/label/muller%20lamprea PREMIO MELLOR OLLOBOI ORIXINAL 2014

Gañadores de dous premios no prestixioso festival audiovisual OLLOBOI 2014

Somos gañadores de dous premios no prestixioso festival audiovisual OLLOBOI 2014   http://olloboi.com Un festival orientado ó ámbito escolar e aberto a producións non profesionais , un proxecto altruísta e comprometido , grazas ao seu marabilloso traballo os meus alumn@s disfrutaron, ilusionaron e motivaron e a profe cargouse de enerxía para traballar con máis forza que nunca,  GRAZAS¡ Os premios recibidos son : MELLOR OLLOBOI ESCOLAR por ALICIA ,  proxecto interdisciplinar dos departamentos de educación plástica e música , baseado nun guión escrito por Iria Collazo e realizado o ano pasado polos meus alumn@s de educación plástica de 4º ESO e os alumn@s de 1º Bach de música,  no que se implicaron moitos profesor@s do IES as Barxas demostrando todos un gran talento na interpretación.   Traballamos distintas técnicas de animación, 2D , stop motion,     efectos especias,un proxecto dirixido, rodado e editado...

"LAMPREÍZATE" NO IES AS BARXAS

Esta 2º avaliación os alumn@s de educación plástica de 1º ESO deron vida a unha nova aventura da muller lamprea , unha super heroina nacida no IES as Barxas.  Iria Collazo é a nosa profe de galego, autora dos contos  que despois nós intentamos animar na nosa aula, unha actividade interdisciplinar "galego-plástica" que naceu no 2010 . Lampreizate no IES as Barxas¡ Para ver as outras aventuras ir ao   ENLACE MULLER LAMPREA III from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo .

II Aventura da Muller Lamprea

1º da ESO (Grupo A) do IES as Barxas explícannos a súa experiencia stop motion ca MULLER LAMPREA  Claudia resume a súa experiencia cun: - "A plástica é MAXIA"-   nunca escoite nada tan fermoso da miña materia e resume perfectamente que é para eles esta experiencia e que os fai traballar máis do habitual. O stop motión pódese aplicar ao papel con ilustracións ou cartolinas de cores, plastilina, obxectos, persoas, mesturalo con anacos de vídeo ... pódese adaptar a 1º, 3º ou 4º da ESO e trabállase como un proxecto...... VER ENLACE  É sobre todo este traballo é interdisciplinar, en plástica coordinámonos con música e con lingua galega.   Seso Durán , é profe de música e o responsable das voces en off da animación.  Iria Collazo  a profe de galego é a creadora deste fermoso conto, o próximo curso seguro que ten outra nova aventura para darlle ritmo co stop motion , podedes contar con iso futuros alumn@s de 1º ESO.

CATRO PREMIOS NUN DÍA, entre Cangas e Boiro

Avilés y Lira aprovecharon la entrega de estos premios para insistir en la necesidad de fomentar el audiovisual a nivel educativo y para animar a los chavales a ser perseverantes.  Via:La voz de Galicia 
DIBUJANDO MI FUTURO  4ESO de,Joel,Claudia,Natalia,Jose,Kevin,Adrían,Dani e Pablo 
A CONTRADANZA 
  de Adrian Martinez 1º BACH A MULLER LAMPREA  1º ESO C e D Déronnos catro premios no mesmo día , mesma hora e sitios diferentes, como non me podia partir Adri recolleu o seu premio en Boiro e eu quedeime en Cangas, recibín a feliz noticia de que o seu curto a contradanza gañase ao final da gala, un día feliz, feliz polos meus nen@s e feliz por que unha boa parte do IES as Barxas acudiu ao acto. Os profes lonxe de vestir de gala presentámonos   coas camisetas da muller lamprea , feitas polos nosos alumn@s  de 3º ESO ONTE 17/06 EN CANGAS as 21:00 I Certame Audiovisual Escolar do IES Monte Carrasco. O audiovisual " Dibujando mi futuro" elaborado ...

A primeira aventura da Muller Lamprea,1º ESO

"A primeira aventura da Muller Lamprea fórxase cando comeza a sentir berros de axuda cada vez máis insistentes e preocupantes......." Unha animación dos nosos alumn@s do IES as Barxas, 1º ESO C e D , a partir dun fermoso conto da "profe" de Galego Iria Collazo Un traballo en equipo , onde o mais difícil foi coordinar os dous grupos de primeiro e repartir o traballo. Dividimos a animación en escenas de forma que cada grupo encargábase dunha escena ,escenario, personaxes e stopmotión . A animación de textos realízase con diferentes programas online ,capturados en vídeo da pantalla do computador. A nosa "muller lamprea" elaborado polo alumnado de 1º ESO C e D resultou gañador dun accésit polo "fomento do uso do galego".  

I Certame Audiovisual Escolar do IES Monte Carrasco. Finalista no premio Impinxidela do festival audiovisual galego OLLOBOI

A MULLER LAMPREA

Xa temos aquí á Muller Lamprea, e a súa loita contra os inmundos monstros: as mentiras e os prexuízos. texto; Iria Collazo Colaboración dos departamentos de Normalización Lingüística e Educación Plástica do noso IES as Barxas. A superheroína naceu como todas as boas ideas dun momento divertido, nun recreo empezo a xurdir .....a muller troita..a muller nécora..necora woman.. A MULLER LAMPREA¡¡¡di Iria... Unhas ilustracións  e a voz de Dani de 4º da ESO  ..fan o resto...asi naceu este fermoso conto. Que será a nosa motivación de próximos traballos no AULA DE PLÁSTICA