Somos gañadores de dous premios no prestixioso festival audiovisual OLLOBOI 2014 http://olloboi.com
Un festival orientado ó ámbito escolar e aberto a producións non profesionais , un proxecto altruísta e comprometido , grazas ao seu marabilloso traballo os meus alumn@s disfrutaron, ilusionaron e motivaron e a profe cargouse de enerxía para traballar con máis forza que nunca, GRAZAS¡
Os premios recibidos son :
- MELLOR OLLOBOI ESCOLAR por ALICIA , proxecto interdisciplinar dos departamentos de educación plástica e música, baseado nun guión escrito por Iria Collazo e realizado o ano pasado polos meus alumn@s de educación plástica de 4º ESO e os alumn@s de 1º Bach de música, no que se implicaron moitos profesor@s do IES as Barxas demostrando todos un gran talento na interpretación. Traballamos distintas técnicas de animación, 2D , stop motion, efectos especias,un proxecto dirixido, rodado e editado polos propios alumn@s, sendo eles os únicos protagonistas do proceso de aprendizaxe
Ver ENLACE
- MELLOR OLLOBOI ORIXINAL pola MULLER LAMPREA IV animación dós nen@s de 1ºESO, creada a partir dun guión do escritor Miguél Ángel Álonso Díz , que pon a súa voz ao proxecto, un proxecto que creamos Iria e eu fai xa catro anos.Ver ENLACE
Déixovos unhas fotos do festival e as curtas gañadoras , teño que dicir que a muller lamprea , aínda non se proxectou no meu instituto, o IES as Barxas.
Quedaron ademais finalistas os seguintes traballos de educación plástica
Olloboi Online
- 2.Maldito Espejo - IES As Barxas.
- Olloboi Peleón
9.Afastados - IES As Barxas
40.Muller Lamprea III - IES As Barxas
90.El maltrato mata – IES As Barxas
- 15.Deitado frente ao mar - IES As Barxas ,traballo interdisciplinar , plástica e música no olloboi dj e fotoxénico.
Mención especial OLLOBOI pola calidade dos nodos vídeos e participación notable . RELACIONADO: |
Comentarios
Publicar un comentario