Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2017

"Sorrisos de Magdalena"

Partindo dunha proposta do profesor JOSÉ BLAS GARCÍA , os alumnos e alumnas de Educación Plástica do IES as Barxas leámonos a manta á cabeza e realizamos o BOOKTRAILER, dun dos contos gañadores do concurso  INTERNACIONAL  " NO meu VERSO SON LIBRE".  O relato que tivemos o privilexio de animar é , " Sorrisos de Magdalena " de Cecilia  Mansilla Sánchez da aula Hospitalaria do Complexo Hospitalario Ntro. Sra. do Perpetuo Socorro de Albacete Pero, de que vai este proxecto ?  O profesor Jose Blas convídanos a participar coa realización dun Booktrailer no proxecto colaborativo "CONTAMOS CON EMOTION" , e cóntanolo asi: "O Certame de Relatos  "No meu verso son libre", é un proxecto de animación á escritura, ás narrativas e á lectura , que cumpre a súa décima edición, está dirixido a nenos e nenas entre 6 e 17 anos que, atravesando unha situación de enfermidade e un momento complicado da súa vida, souberon positivizarlo, gozar e aprender a

Banco de sons

Banco de sons con máis de 50 tracks creados polo alumnado de 4º ESO de Educación Plástica para utilizalos no seu proxecto audiovisual , a creación de recursos libres de dereitos forma parte do proceso creativo na elaboración das suas curtas.

NAUFRAXIO

Xa empezamos a rodar o noso proxecto audiovisual  en 4º ESO , non sen antes preparalo todo.  Aquí quédavos a elaboración dun trípode para móbiles  realizado para as panorámicas e os travelings  da nosa rodaxe , agora os movementos de cámara serán moito máis controlados. Antes de empezar con esta aventura tivemos que inventar un pouco, fixemos unha especie de trípodes móbiles.  O primeiro é unha especie de cadrado feito con tubos, sobresaen 3: un en vertical para o micrófono, e dous en horizontal para a Go-Prol e outro para o móbil onde ves a imaxe que se reproduce na Go-Prol. O segundo consta de dous tubos xuntos e encima destes vai unha base que se despraza, aí iría a cámara, Go-Prol ou móbil. Yago ,Alba, Luisni, Adri e Andrés de 4ºESO Educación Plástica Visual e Audiovisual Aquí deixamos a ligazón ao noso diario de RODAXE  NAUFRAXIO  https://caranguexofilms.blogspot.com.es/search/label/Naufragio   

"CINEMA E ARTE "

 Con máis de 6 anos de continuidade o AUDIOVISUAL as Barxas     enfoca este novo curso o  proxecto audiovisual   á ARTE  . "CINEMA E ARTE "  en 4º da ESO . Nunha primeira fase do proxecto empezaremos co estudo da linguaxe cinematográfica, planos, ángulos, encadre... Antes de realizar o noso proxecto debemos ser conscientes das nosas limitacións,  30  alumn@s , tres horas á semana,  necesitaremos usar o enxeño e aproveitar ao máximo os recursos que temos , son moitos alumnos e alumnas , e pouco tempo.  Rodar a golpe de timbre , non é doado.  QUE NECESITAMOS? Videocámaras Trípodes, m oi necesarios para unha maior calidade na composición dos planos. Micrófono Exterior , Direccional Alargo para conexión á rede  Tarxetas SD Focos  Ordenador Persoal   Tamén necesitaremos software para a edición de vídeo, efectos visuales, retoque fotográfico, un editor de son   Neste momento estamos coa elaboración dos guións.  O guión debe partir dun cadro,   interpretando l