Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta IVfestival audiovisual

"REALIDADES DELIRANTES " IV FESTIVAL AUDIOVISUAL AS BARXAS

REALIDADES DELIRANTES  Un proxecto onde os meus alumn@s tiñan que aprender a realizar un guión cinematográfico, estudar a linguaxe audiovisual, planificar(story board), rodar, actuar, editar e realizar animacións  para os títulos de crédito inspirándose nos " motion graphics " do cine  . Traballando por grupos os ne@s de 4º ESO C asumiron o papel de director, cámaras,  guionistas, editaron o son, os efectos especiais, foron actores, maquillaron, buscaron o vestuario e os escenarios.  Puxemos en común cada unha das cinco curtas en distintos momentos do 2º trimestre, corrixindo  e volvendo repetir escenas  si era necesario, todos opinamos e valoramos, alumn@s e profesora.  Aprenderon a montar unha curta, pero sobre todo a armarse de paciencia , chegando a editar e reeditar varias veces a mesma escena.  Estou convencida de que non esquecerán esta experiencia , un traballo en equipo onde todos son necesarios e...

HOXE "BARXAS TV" EN EDUCA BARRIÉ E MAÑÁ A ESTREA DAS NOSAS CURTAS NO IES AS BARXAS

HOXE "BARXAS TV" EN  EDUCA BARRIÉ E MAÑÁ A ESTREA DE "REALIDADES DELIRANTES AS 18:00 no SALÓN DE ACTOS DO  IES AS BARXAS                    ESTADES TODOS INVITADOS¡ http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2014/05/28/innovadores-aulas/1031910.html http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2014/05/28/profesores-instituto-as-barxas-explican/1031828.html BARXAS TV IV FESTIVAL AUDIOVISUAL AS BARXAS

“REALIDADES DELIRANTES” Cando a fronteira que delimita a realidade da ficción desaparece .

 O TRAILER “ REALIDADES DELIRANTES ” Cando a fronteira que delimita a realidade da ficción desaparece . O 2º trimestre en educación plástica pasamos todas as tardes dos mércores rodando as nosas curtas en 4º da ESO , e sempre o traballo merece a pena :) As curtas son: O EXORCISMO :con guión de Brais Perez ,unha lingua maléfica apodérase dunha nena. O OSO : unha interpretación do conto de Woody Allen "O Alce" Adictos : Que pasaría nun mundo dominado polos móbiles ? A Cita : Unha cita moi misteriosa ...... (non podo contar nada máis) Detrás de ti  : Unha metáfora sobre o medo  Traballamos os efectos especiais , técnicas de animación , un proxecto moi completo onde os meus alumn@s foron os protagonistas de todo o proceso, desde a creación do guión, o story, rodaxe, elección de escenarios, edición  , produción . Agora o departamento de Economia (Pilo)organiza o Festival  e a miña compañeira Mónica encárgase da decoración,  esperamo...